Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Centrais Eléctricas Código 770G02024
Titulación
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Chouza Gestoso, Jesus Diego
Correo electrónico
jesus.chouza@udc.es
Profesorado
Chouza Gestoso, Jesus Diego
Correo electrónico
jesus.chouza@udc.es
Web
Descrición xeral A presente materia pretende dar ao alumno os coñecementos teóricos dos diversos tipos e funcionamentos das Centrais de Xeración Eléctrica, co fin de alcanzar os coñecementos necesarios para a súa operación, análise e deseño.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecemento dos elementos do sistema de produción da enerxía eléctrica. A1
A5
A9
B2
C6
Coñecemento dos parámetros que definen a produción e consumo de enerxía eléctrica. A1
A9
B2
Coñecer os diferentes sistemas convencionais de xeración de enerxía eléctrica. A6
A9
Analizar a viabilidade presente e futura das instalacións alternativas de xeración de enerxía. A6
A9
B2
Comprender o funcionamento de sistemas de xeración actuais, a nivel de detalle suficiente que permita, a explotación adecuada do mesmo. A5
A6
A9
B1

Contidos
Temas Subtemas
Bloque temático 1 .- CONCEPTOS XERAIS DA ENERXÍA ELÉCTRICA Tema 1. Evolución histórica. Recursos e reservas enerxéticos .A produción de electricidade. Plan de Fomento das Enerxías Renovables.

Tema 2 . Evolución da produción e da potencia instalada. Clasificación das centrais de xeración eléctrica. Breve descrición dos diferentes tipos de centrais.

Tema 3 . Enerxía eléctrica e desenvolvemento sustentable .Impacto ambiental dos diferentes tipos de centrais. Estudo da combustión e tratamentos para a redución de emisións contaminantes. Impacto ambiental do sistema de transporte e distribución da enerxía eléctrica. Campos electromagnéticos e medio ambiente. Tecnoloxías limpas de produción de enerxía eléctrica. Caldeiras de leito fluidizado. Tecnoloxía da gasificación. Limpeza dos gases contaminantes liberados á atmosfera.
Bloque temático 2 .- CENTRAIS ELÉCTRICAS CONVENCIONAIS Tema 4. Introdución ás centrais térmicas. Circuíto aire-combustible. Circuíto auga-vapor. Sobrecalentadores, recalentadores e economizador. Turbinas de vapor. Condensador e gasificador. Tratamento da auga de refrixeración .Torres de refrixeración

Tema 5: Centrais de Ciclo Combinado: Xeneralidades. Elementos constituíntes. Caldera de recuperación de calor. Tren de Potencia.

Tema 6: Centrais Nucleares: Radioactividade. Unidades. Efectos biolóxicos e protección contra a radioactividade. Tipos de reaccións nucleares .Potencia térmica.
Bloque temático 3 .- SISTEMAS AUXILIARES Tema 7. Sistemas Auxiliares 1 (Condensado, Auga de Alimentación, Auga de Circulación, Aire de instrumentos e de servizos, Auga Desmineralizada e de Servizos)

Tema 8. Sistemas Auxiliares 2 (Baleiro, Refrixeración Circuíto Pechado, Refrixeración Circuíto Aberto, Dosificación química, Mostraxe, Vapor auxiliar, Planta de tratamento de auga, Sistema de Gas Natural, Sistema de Gas-oil).
Bloque temático 4.- REGULACIÓN e CONTROL. Tema 9. Mando e control das centrais eléctricas. Descrición da s0á de mando e control dunha central eléctrica. Cadros de mando e control. Estacións de control local. Utilización de computadores nas centrais.
Bloque temático 5.- CENTRAIS HIDROELÉCTRICAS Tema 10. Presas: tipos e procedementos construtivos.

Tema 11. Infraestruturas e tipos de aproveitamentos hidráulicos

Tema 12. Tipos de turbinas ( Pelton, Francis, Kaplan, ..)

Tema 13. Elementos de mando e de control tipo, en centrais hidráulicas.

Tema 15. Mantenibilidad e seguridade en centrais hidroeléctricas.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas 21 28 49
Proba obxectiva 6 15 21
Presentación oral 2 6 8
Traballos tutelados 5 10 15
Sesión maxistral 21 32 53
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Resolución de casos practicos na aula
Proba obxectiva Proba que consistirá nunha parte teorica conceptual outra teorica de desenvolvemento e unha practica para que o alumno demostre o correcto entendemento da materia impartida.
Presentación oral Exposición publica do traballo a realizar
Traballos tutelados Realización dun traballo monografico sobre unha das tecnologias de xeración en grupo de max 4 alumnos cunha extensión documental de 20-25 paginas, na cales se describa ao proceso produtivos sistemas principais de xeración sistemas auxiliares e unha breve reseña historica e perspectiva de futuro
Sesión maxistral Explicación teórica dos conceptos necesarios para o correcto entendemento dos distintos tipos de sistemas de xeración de energia electrica.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Descrición
Realizarase basicamente nas tutorias a voluntada do alumno ou por petición do profesor.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Solución de problemas Entrega dunha colección de casos prácticos realizados/expostos en clase 10
Proba obxectiva Proba que consistirá nunha parte teorica conceptual outra teorica de desenvolvemento e unha practica para que o alumno demostre o correcto entendemento da materia impartida.

A proba consta de tres partes diferenciadas, para superar a mesma será necesario obter en cada unha das partes unha puntuación igual ou superior ao 30% do peso individual de cada unha sobre o total da proba e obter unha cualificación igual a superior a 5 puntos no total da mesma.
70
Presentación oral Exposición publica do traballo realizado 10
Traballos tutelados Realización dun traballo monografico sobre unha das tecnologias de xeración en grupo de max 4 alumnos cunha extensión documental de 20-25 paginas, na cales se describa ao proceso produtivos sistemas principais de xeración sistemas auxiliares e unha breve reseña historica e perspectiva de futuro.
Será obrigatorio a realización do traballo para poder superar a materia, o mesmo terá unha validez de 2 cursos académicos.
10
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica J. Sanz Feito (). Centrales Eléctricas. Universidad Politécnica de Madrid
Ángel Luis Orille (). Centrales Eléctricas I, II y III. Ediciones UPC
Sabugal García, S (). Centrales térmicas de ciclo combinado: teoría y proyecto. Garcia de Santos: Madrid

Bibliografía complementaria (1995). Biomasa. IDAE: Madrid
(1995). Residuos Solidos Urbanos. IDAE: Madrid


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Automatización I/770G01024
Enxeñaría de Control/770G01028
Mantemento Industrial/770G01030

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enerxías Renovables/770G01031

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías