Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Métodos Estatísticos para Datos Medioambientais Código 610500006
Titulación
Mestrado Universitario en Ciencias. Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Química Analítica
Coordinación
Estevez Perez, Maria Graciela
Correo electrónico
graciela.estevez.perez@udc.es
Profesorado
Andrade Garda, Jose Manuel
Estevez Perez, Maria Graciela
Jacome Pumar, Maria Amalia
Correo electrónico
jose.manuel.andrade@udc.es
graciela.estevez.perez@udc.es
maria.amalia.jacome@udc.es
Web
Descrición xeral Nos estudos medioambientais manéxanse xeralmente importantes cantidades de datos, cuio análise permitirá a extracción da información relevante contida neles. Nesta materia farase unha introdución ás técnicas estatísticas avanzadas necesarias para a análise multivariable de datos, que permiten a reducción da dimensionalidade e a construción de grupos dende un punto de vista descritivo. O desarrollo dos ordenadores facilita o procesamento de grandes bancos de datos, resultando polo tanto unha materia de moito interese práctico.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A12 Coñecer as distintas estratexias para o tratamento estatístico de series de datos relacionadas con datos ambientais.
B6 Ser capaz de analizar datos e situacións, xestionar a información dispoñible e sintetizala, todo iso a un nivel especializado.
C1 Ser capaz de traballar en equipos, especialmente nos interdisciplinares e internacionais.
C6 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C9 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
AM12
BM6
CM1
CM6
CM9

Contidos
Temas Subtemas
Introdución Repaso dos métodos básicos de Estatística Descritiva Uni e Multivariable
Relación entre variables Medidas de dependencia: matriz de correlacións, regresión lineal simple e múltiple
Análise da multicolinealidade
Análise Multivariable Descrición de datos multivariables
Análise de Compoñentes Principais
Análise Discriminante
Análise Cluster

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas 5 15 20
Sesión maxistral 18 36 54
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Rematado a exposición de todos os contidos da materia, pediráselle ós alumnos o tratamento completo dun conxunto de datos, na medida do posible do ámbito de estudos medioambientais, que poderá ser corrixido no aula.
Sesión maxistral Clases maxistrais presenciais nas que o profesor expoñerá os puntos fundamentais do programa convenientemente ilustrados con exemplos prácticos

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Descrición
Os alumnos realizarán un traballo no que terán que aplicar, a un arquivo de datos, as técnicas explicadas na asignatura que eles consideren oportunas para responder ás preguntas plantexadas. Disporán de atención personalizada dos profesores responsables de cada bloque, de maneira que os alumnos poderán resolver todas as dúbidas que se lles presenten.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Asistencia e participación nas clases de sesión maxistral. 10
Solución de problemas Os alumnos analizarán os datos e expoñerán as conclusións nun traballo, ben de forma individual ou en grupo. Evaluaranse as competencias A12, B6, C1, C6 e C9. 90
 
Observacións avaliación

Valorarase positivamente a asistencia ás clases, así como a actitude e a
participación dos alumnos nas mesmas cun peso de ata o 10% da nota final. A
asistencia mínima será non inferior ó 80% das horas presenciais (salvo
ausencias debidamente xustificadas). O restante 90% da nota virá dada pola
realización e exposición de traballos tutelados. Na corrección dos traballos
teranse en conta os aspectos formais para a resolución dos problemas
plantexados, a claridade nas exposicións e a capacidade de defensa dos
argumentos presentados no traballo escrito, así como de ser o caso presentación oral dos
resultados acadados. Requisito sine qua non para superar a asignatura é superar
as distintas actividades propostas polo profesorado. A nota final da asignatura
será a suma ponderada das cualificacións de cada bloque temático.


Fontes de información
Bibliografía básica

Jobson, J.D. (1992). Applied Multivariate Analysis. Vol. II: Categorical and Multivariate Methods. Springer Texts in Statistics, Springer-Verlag: NewYork.

Miller, J.N. & Miller, J.C. (2002) Estadí­stica y Quimiometrí­a para Quí­mica Analí­tica. Edit. PrenticeHall.

Mongay Fernández, C. (2005) Quimiometría. Servicio Publicaciones Universidad de Valencia.

Morrison, D.F. (1990) Multivariate statistical method. 3rd Edition. McGraw-Hill Series in Probability and Statistics.

Peña, D. (2002). Análisis de Datos Multivariantes. McGraw-Hill.

Pérez López, C. (2004) Técnicas de análisis multivariante de datos. Aplicaciones con SPSS. Pearson Prentice Hall, Madrid.

Pérez López, C. (2005) Métodos Estadísticos Avanzados con SPSS. Thomson, Madrid.

Ramis Ramos, G. (2001) Quimiometría. Síntesis, Madrid.

Bibliografía complementaria

Millard, S.P. & Neerchal, N.J. (2001) Environmental Statistics with S-Plus. Springer. CRC Press LLC


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase a asistencia e participación ás clases tanto de índole teórico como práctico. Así mesmo, recoméndase completar o material facilitado polo profesorado coa bibliografía por eles recomendada e a realización das tarefas encomendadas. Un estudo continuo da materia e o uso das titorías para resolver dúbidas é fundamental para superar con éxito a asignatura. Recoméndase o uso das titorías individuais para os alumnos con dificultades en superar a materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías