Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Lingua Inglesa e os seus Usos 2 Código 613G03037
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Inglesa
Coordinación
Woodward Smith, Elizabeth Anne
Correo electrónico
elizabeth.woodward@udc.es
Profesorado
Woodward Smith, Elizabeth Anne
Correo electrónico
elizabeth.woodward@udc.es
Web
Descrición xeral Ampliación do estudo normativo da lingua inglesa. Elaboración e análise de textos oral e escrito de diferentes ámbitos

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A19 Coñecer a situación sociolingüística da lingua inglesa.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
O alumno terá desenvolvido unhas estratexias para a consolidación dos coñecementos adquiridos en ambas as dúas partes de Lingua Inglesa e os seus Usos (1/2). O alumno saberá manexar os significados metafóricos axeitadamente, tanto a nivel comprensivo coma na expresión. O seu dominio dun vocabulario xeral terase enriquecido coa adquisición de vocabulario máis especializado. O estudo individual autónomo e a autocrítica son esenciais neste nivel, e o alumno debe recordar o seu papel e responsabilidade no proceso de aprendizaxe/ensino do cal forma parte. Ao finalizar esta materia, o alumno debe ser competente nas catro destrezas lingüísticas, ademais de posuír os coñecementos teóricos necesarios para saber A6
A10
A11
A15
A19
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C2

Contidos
Temas Subtemas
1. Metáforas relacionadas coas prantas e árbores; o medio ambiente.
Os servizos/atención ao cliente.
(ver libro de texto indicado na Sección 8 "Fontes de Información").
As partes das prantas en usos metafóricos; verbos relacionados co crecemento. Colocacións.
O vocabulario dos servizos en Internet.
2. As autoridades--a aduana e a policía.
A historia.
A pobreza.
Vocabulario relacionado coas aduanas, a inmigración, a policía de tráfico, etc.
Vocabulario relevante para o estudo da historia.
Colocacións relevantes para falar da pobreza e falta de medios.
3. A política británica.
A linguaxe do dereito.
A guerra e a paz.
Vocabulario relacionado co funcionamiento dun estado.
Verbos, crimes, adxectivos con significados específicos no ámbito do dereito, de uso cotidiano.
As actitudes cara a guerra; metáforas dos enfrentamentos.
4. A economía e as finanzas.
As finanzas persoais.
Os medios: a palabra impresa.
Vocabulario para falar da axuda internacional, o comercio, as dificultades económicas.
Como expresar as necesidades económicas individuais.
Seccións nos xornais; tipos de materiais escritos.
5. Os medios: Internet e o correo electrónico.
Os anuncios.
O telexornal.
Vocabulario específico para Internet.
A linguaxe da publicidade.
A recollida e diseminación das noticias; xornalísticas, tipos de publicacións.
6. Os titulares de prensa.
Metáforas do deporte.
O espazo: nocións de amplitude
Características dos titulares; vocabulario impactante; xogos de palabras.
Vocabulario e metáforas relacionados coa dieta, o deporte, a saude.
Como expresar conceptos relacionados co espazo escaso/amplio; metáforas axeitadas.
7. O tempo.
O movimento.
O comportamento.
Secuencia e duración; expresións coloquiais; refráns relacionados co paso do tempo.
Matices da velocidade e o movimento; verbos/adxectivos; usos no literais.
8. O son.
O peso e a densidade.
As cores: escala e intensidade.
Desde o silencio ao ruido; verbos específicos para certos ruidos; frases feitas.
Sinónimos de --pesado--; usos literaris da idea de pesar; verbos e adxectivos para expresar a densidade.
Cores específicas; metáforas relacionadas; vocabulario chamativo.
9. A velocidade.
Causa e efecto.
Comparar e contrastar.
Expresións para distintas formas de desprazarse rápidamente/lentamente; metáforas da velocidade.
Verbos que expresan unha causa e as suas colocacións.
Como expresar a similitude e a diferencia.
10. A dificultade.
Modalidade.
As queixas e as protestas.
Sustantivos e adxectivos relacionados coas dificultades e os dilemas.
Expresións de feitos, opinións, desexos a través de verbos modais; probabilidade; consellos; obrigas.
Queixa formal e informal.
11. Desculpas, o perdón, a reconciliación.
As promesas; As apostas.
A articulación da fala.
Colocacións comúns; desculpas en contextos legais; acordos de paz.
Promesas formais/informais; vocabulario relacionado coas apostas.
Volume: silencioso/ruidoso; formas da fala; problemas de articulación
12. Expresións pouco precisas.
Tipos de frases idiomáticas.
Verbos frasais (I)
Expresións numéricas aproximadas; usos coloquiais para restar importancia.
Verbo e obxecto, frase preposicional, compostos, outros tipos.
Comprensión e aprendizaxe de verbos frasais; diagramas de representación.
13. Verbos frasais (II)
Verbos frasais (III)
O inglés británico/de EE.UU
Verbos frasais pouco comúns; combinacións novas.
Verbos frasais con duas partículas/preposicións.
Contrastes entre usos británicos e americanos.
14. A linguaxe e o xénero.
A linguaxe que denota clase social, procedencia, idade.
O marcado ou neutro no que respecta ao xénero.
Referencias implícitas que denotan clase social, etc.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 26.25 47.25
Traballos tutelados 14 17.5 31.5
Proba oral 2 16 18
Discusión dirixida 7 5.25 12.25
Proba mixta 2 36 38
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais, explicacións, exemplos e orientacións para o millor aproveitamento do material; uso do libro básico de texto, ademais de textos escritos e audiovisuais adicionais.
Traballos tutelados Tareas escritas sobre diversos temas relacionados co que se traballa na aula. Resumos e presentacións.
Proba oral Entrevista individual ou por parellas; preguntas de comprensión; destrezas comunicativas.
Discusión dirixida Destrezas de argumentación oral; role-play; fluidez, traballo colaborativo.
Proba mixta Compretar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferencias de uso; transformar oracións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Traballos tutelados
Descrición
Preparación e comentario dos traballos a presentar.

Interacción grupal e individual para mellorar o rendemento.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba oral Entrevista individual ou por parellas; preguntas de comprensión; destrezas comunicativas. 25
Proba mixta Compretar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferencias de uso; transformar oracións. 50
Traballos tutelados Tarefas escritas sobre temas diversos relacionados co que se traballa na aula. Resumos e presentacións. 25
 
Observacións avaliación

  1. Entrega de traballos tutelados
    (tarefas escritas): 25 de outubro, 22 de novembro e 20 de decembro
    2013.
    É necesario entregar todos os traballos especificados polos
    profesores para poder optar a que se sumen o resto das notas. Non serán
    recollidos para a súa avaliación os traballos dos alumnos que non
    asistan polo menos ao 80% das clases interactivas (reading/writing skills); controlarase a asistencia con firma en todas as clases.
  2. Proba mixta: data aprobada pola Xunta de Facultade para o curso 2013-14 (primeira oportunidade ao finalizar o cuatrimestre). Esta data non é negociable.
  3. A segunda oportunidade, en xullo, según o calendario aprobado pola Xunta de Facultade, consistirá en repetir a(s) parte(s) da avaliación non aprobada(s). 
  4. A oportunidade de xullo non é para millorar a nota nas partes da avaliación xa aprobadas; soamente é para recuperar a(s) parte(s) non aprobada(s).
  5. No se pode superar a materia sen aprobar cada unha das partes descritas da avaliación cunha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10.
  6. As datas para a entrega de tarefas e para a realización do examen oral deben respetarse; calquer incidencia que impida cumprir cos requisitos debe xustificarse documentalmente.
  7. Obterá unha cualificación de “Non Presentado” aquel/a estudante que non se presente á proba mixta e/ou que realizara menos do 50% do resto das tarefas da materia.

  8. Aqueles alumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

    Para mais detalles, véxanse --Recomendacións--.

Fontes de información
Bibliografía básica McCarthy, M. and F. O'Dell. (2002). English Vocabulary in Use. Advanced. ISBN. 978-0-521-67746-2. Cambridge: CUP

Este libro é de uso obrigatorio nas aulas de Docencia Expositiva. Trátase do mesmo libro usado en Lingua Inglesa e os seus Usos-1.

No presente curso utilizaranse novos capítulos deste libro (véxanse --Contidos--).

Bibliografía complementaria Cory, H. (1999). Advanced Writing with English in Use.. Oxford: OUP
Mansfield, F. & C. Nuttall (2007). Proficiency Practice Tests. With Key. London: Thomson ELT


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Lingua Inglesa e os seus Usos 1/613G03020

Observacións
  • Recoméndase a asistencia e participación na aula, para estar ao día no estudo, e a realización de tódalas tarefas asignadas dentro dos prazos indicados.
  • A asistencia á clase facilita unha millor comprensión da materia, adquisición das competencias grupais e individuais, aprendizaxe continuo, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente mais participativa. Cabe recordar que a UDC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións das clases é obrigatoria. Nos casos considerados na normativa da universidade, os alumnos poderán solicitar exención oficial da docencia.
  • As datas para a realización das probas orais anunciaranse coa antelación suficiente, e serán expostas en Moodle. Recoméndase consultar os avisos nesta plataforma virtual con asiduidade.
  • Non asistir á proba oral na data anunciada supón perder a primeira oportunidade para esta parte da avaliación. Polo tanto, o alumno só lle quedará a oportunidade de xullo para realizala. Calquera circunstancia que impida asistir a esta proba debe comunicarse á maior brevidade.
  • Os alumnos Erasmus teñen que axustarse ao calendario académico da UDC, e non ao da súa propia universidade. Polo tanto, non se poden programar exames para coincidir coas peticións individuais.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías