Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Base de Datos III Código 614111608
Titulación
Enxeñeiro en Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 2º cuadrimestre
Todos Optativa 7
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Rodriguez Penabad, Miguel
Correo electrónico
miguel.penabad@udc.es
Profesorado
Rodriguez Luaces, Miguel
Rodriguez Penabad, Miguel
Correo electrónico
miguel.luaces@udc.es
miguel.penabad@udc.es
Web http://docencia.lbd.udc.es/bd3
Descrición xeral Coñecer modelos de bases de datos que superan carencias do modelo relacional: orientado a obxectos, activo e distribuido, e novos
modelos e tendencias (NoSQL, Big Data).

Familiarizarse coas técnicas de integración de información e de recuperación en web.

Familiarizarse cos sistemas de información xeográfica.

Entender a necesidade do deseño físico e coñecer técnicas e ferramentas para un bo deseño.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Aprender de maneira autónoma novos coñecementos e técnicas avanzadas axeitadas para a investigación, o deseño e o desenvolvemento de sistemas e servizos informáticos.
A3 Concibir e planificar o desenvolvemento de aplicacións informáticas complexas ou con requisitos especiais.
A4 Coñecer e aplicar diferentes protocolos de comunicación e sistemas de xestión de rede.
A7 Saber especificar, deseñar e implementar un sistema de información, empregando bases de datos.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Aprendizaxe autónoma.
B10 Capacidade de xestión da informática (captación e análises da información).
B12 Capacidade para a análise e a síntese.
B15 Motivación pola calidade.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer modelos de bases de datos que superan carencias do modelo relacional: orientado a obxectos, activo e distribuido, así como novas tendencias en almacéns de datos (BigData, NoSQL). A1
A7
B1
B12
B15
Familiarizarse coas técnicas de integración de información e de recuperación en web. A1
A3
A4
A7
B2
B3
C6
Entender a necesidade do deseño físico e coñecer técnicas e ferramentas para un bo deseño. A1
A7
B1
B2
B10
Familiarizarse cos sistemas de información xeográfica. A1
A7
B1
B4
B10
B15
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
Bases de Datos Orientadas a Obxectos BD Orientadas a Obxectos
BD Oxecto Relacionais
Bases de Datos Activas
Distribución e Federación de Bases de Datos BD Distribuidas
BD Federadas
As Bases de Datos e a Web Bases de Datos e XML
Web semántica
Sistemas de Información Xeográfica Introducción
Modelos conceptuais
Modelos lóxicos
Modelos físicos
Procesamento de información xeográfica
Visualización de informacón xeográfica
Arquitecturas e estándares
Bases de datos espacio-temporais
Software existente
Deseño Físico e axuste de Bases de Datos

(Lab) Oracle PL/SQL

(Lab) Sistemas de Información xeográfica

NoSQL Almacéns de datos NoSQL
Big Data

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 50 25 75
Lecturas 0 12 12
Prácticas de laboratorio 30 30 60
Proba mixta 3 0 3
Traballos tutelados 4 6 10
Seminario 10 5 15
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas de aula, nas que se expoñerán os contidos fundamentais da asignatura.
Inclúen unha motivación de cada tema, o seu desenvolvemento conceptual, utilidade, ventaxas e inconvenientes das técnicas descritas, e un resumo final.
Lecturas O alumnado contará cunha bibliografía básica para a asignatura. Para cada tema recomendaranse capítulos ou seccións específicos que axudan a asimilar os conceptos e técnicas descritos.
Prácticas de laboratorio Nas clases de laboratorio introduciranse novas tecnoloxías, fundamentalmente prácticas e implementables en computadora, de forma que axuden a desenvolver as competencias procedimentais.
Proba mixta Exame da asignatura, que consta de preguntas teóricas e prácticas.
Traballos tutelados Realizarase un traballo en equipo, baixo a tutela do profesorado, que fai énfase nas habilidades procedimentais e na capacidade de traballo en equipo
Seminario Realizaranse discusións sobre exercicios plantexados na clase, intercalados nas sesións maxistrais, co que se plantexa unha alta participación do alumnado na resolución dos exercicios.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Nas clases de laboratorio haberá unha atención (semi)personalizada, ó haber grupos de aproximadamente 20 estudantes, traballando en parellas ou pequenos grupos en cada ordenador. O profesorado atenderá dudas puntuais a cada estudante ou grupo, podendo ser extrapoladas e comentadas para toda a aula.

Nos traballos tutelados, os grupos son reducidos (de 2 a 4 persoas). Realizarase un seguimento detallado das prácticas realizadas por cada grupo.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta O exame da asignatura evaluará os seguentes aspectos:

Conceptos da materia: Dominio dos coñecementos teóricos e operativos.

Asimilación práctica da materia: Asimilación e comprensión dos coñecementos operativos e habilidades procedimentais enfatizados na asignatura


Na convocatoria de decembro representará o 100% da calificación.
85
Traballos tutelados Valorarase o aproveitamento das horas de tutorías guiadas, a calidade e rigurosidade do traballo desenvolvido e a claridade de exposición.

Non será de aplicación na convocatoria de decembro.
15
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Luaces, M.R. (2004). A Generic Architecture For Geographic Information Systems (Tese de Doutoramento). UDC
Elmasri, R.A. e Navathe, S.B (2007). Fundamentos de Sistemas de Bases de Datos (5ª ed). Pearson
Worboys, M (1995). GIS: A computing perspective (2ª ed). Taylor & Francis
(). http://docencia.lbd.udc.es/bd3.
Connolly, T. e Begg, C. (2005). Sistemas de bases de datos (4ª ed). Pearson

Bibliografía complementaria
  • Baeza-Yates, R. e Ribeiro-Neto, B.. Modern Information Retrieval. Addison-Wesley. 1999.
  • Gulutzan, P. e Pelzer, T.. SQL-99 complete, really. An example-based reference manual of the new standard . R&D Books. 1999.
  • Laurini, R. e Thompson, D.. Fundamentals Of Spatial Information Systems. Academic Press. 1999.
  • Longley, P.M., Goodchild, M.F., Maguire, D.J. e Rhind, D.W.. Geographic Information Systems And Science. John Willey & sons. 2001.
  • Manolopoulos, Y., Papadopoulos, A. e Vassilakopoulos, M.. Spatial Databases. Technologies, Techniques and Trends. Idea Group. 2005.
  • Melton, J. e Simon, A.R.. SQL:1999 - Understanding Relational Language Components. Morgan Kauffman Publishers. 2002.
  • Ramakrishnan, R. e Gehrke, J.. Sistemas de Gestión de Bases de Datos. McGraw-Hill. 3Edición. 2007.
  • Shekhar, S. e Chawla, S.. Spatial Databases. A Tour. Pearson. 2003.
  • Silberschatz, A., Korth, H. e Sudarshan, S.. Fundamentos de Bases de Datos. McGraw-Hill. 2006.
  • Taboada González, J.A. e Cotos Yáñez, J.M. (eds). Sistemas de Información Medioambiental. Netbiblo. 2005.
  • Ullman, J.D.. Database and Knowledge-Base Systems. Computer Science Press. Volumen 1. 1988-89.
  • Ullman, J.D. e Widow, J.. Introducción a los sistemas de bases de datos. Pearson (Prentice Hall). 1999.
  • Witten, I.H., Moffat, A. e Bell, T.C.. Managing Gigabytes: Compressing and Indexing Documents and Images. Morgan Kaufmann Publishers. 1999.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Bases de Datos I/614111201
Bases de Datos II/614111407

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías