Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Programación Avanzada Código 614G01030
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Coordinación
Bellas Permuy, Fernando
Correo electrónico
fernando.bellas@udc.es
Profesorado
Álvarez Díaz, Manuel
Bellas Permuy, Fernando
Raposo Santiago, Juan
Correo electrónico
manuel.alvarez@udc.es
fernando.bellas@udc.es
juan.raposo@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es
Descrición xeral Esta materia céntrase no deseño e implementación de aplicacións Web con tecnoloxías Java POJO (en particular, Tapestry, Spring e Hibernate), facendo especial énfase no desenrolo de aplicacións Web empresariais. Na materia estúdanse tanto as tecnoloxías como as técnicas de deseño máis relevantes. O enfoque da materia é fundamentalmente práctico.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A27 Capacidade de dar solución a problemas de integración en función das estratexias, estándares e tecnoloxías dispoñibles.
A28 Capacidade de identificar e analizar problemas, e deseñar, desenvolver, implementar, verificar e documentar solucións sóftware sobre a base dun coñecemento adecuado das teorías, modelos e técnicas actuais.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Capacidade para deseñar e implementar aplicacións (con énfase en aplicacións Web) mediante o uso de tecnoloxías modernas e técnicas de deseño estándar. A27
A28
B1
B3
C2
C3
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Parte I. Introdución. Tema 1: Introdución ó Desenrolo de Aplicacións Empresariais.
Parte II. Deseño e Implementación da Capa Modelo. Tema 2. Aspectos de Deseño da Capa Modelo. Caso de estudo.
Tema 3. Implementación da Persistencia con Hibernate.
Tema 4. Uso de Spring na Capa Modelo.
Tema 5. Implementación de Probas Automatizadas para a Capa Modelo con Spring TestContext.
Tema 6. Outros Aspectos de Hibernate.
Parte III. Deseño e Implementación da Capa Web. Tema 7. Aspectos de Deseño da Capa Web.
Tema 8. Introdución a Tapestry.
Tema 9. Caso de Estudo de Implementación da Capa Web con Tapestry.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC 14 48 62
Proba de resposta múltiple 1 8 9
Traballos tutelados 1 29 30
Sesión maxistral 21 21 42
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Ó longo do curso desenrólase unha práctica (en grupo) na que se constrúe unha aplicación Web. A aplicación desenrólase en tres iteracións, sendo obrigatoria a entrega de cada unha de elas. Na primeira iteración impleméntase a capa modelo. Na segunda iteración corríxense os erros detectados polo profesor na primeira iteración e impleméntase gran parte da capa Web. Na terceira iteración corríxense os erros detectados polo profesor na segunda iteración, remátase a capa Web e elabórase a memoria da práctica.
Proba de resposta múltiple Farase un exame tipo test, có obxectivo de comprobar que o alumno asimilou os conceptos correctamente. O exame tipo test componse dun conxunto de preguntas con varias respostas posibles, das que só unha é correcta. As preguntas non contestadas non puntúan, e as contestadas erroneamente puntúan negativamente.
Traballos tutelados Propóñense traballos tutelados consistentes en aplicar algunhas tecnoloxías ou técnicas de deseño adicionais á práctica. De maneira autónoma, o alumno deberá estudar estas tecnoloxías ou solucións de deseño adicionais e aplicalas á práctica.
Sesión maxistral Clase impartidas polo profesor mediante a proxección de transparencias. As clases teñen un enfoque totalmente práctico, explicando os conceptos teóricos mediante o uso de exemplos sinxelos e casos de estudo. As transparencias e o código fonte dos exemplos e os casos de estudo están dispoñibles a través da plataforma de docencia da universidade.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
Faranse varias sesións para axudar ó estudante no desenrolo da práctica.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple Farase un exame de tipo test, có obxectivo de comprobar que o alumno asimilou os conceptos correctamente.
40
Prácticas a través de TIC A entrega de cada iteración é obrigatoria. As dúas primeiras non levan asociada unha nota (pero a súa entrega é obrigatoria) e o seu obxectivo é garantir que o alumno enfoca correctamente o desenrolo da aplicación. O profesor pon a nota da aplicación trala corrección da terceira iteración.
40
Traballos tutelados A realización dos traballos tutelados é opcional. 20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é preciso obter:

  • Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na avaliación da práctica.
  • Un mínimo 4,5 puntos (sobre 10) no exame tipo test.
  • Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na nota final, que se calcula coma: 0,40*notaPractica + 0,40*notaExame + 0,20*notaTraballosTutelados.

Para os alumnos con matrícula a tempo parcial, o tamaño da práctica e os traballos tutelados será menor, sen que iso supoña un prexuízo na nota.


Fontes de información
Bibliografía básica
  • C. Bauer, G. King, Java Persistence with Hibernate, Manning, 2007.
  • C. Walls, Spring in Action, 3rd edition, Manning, 2011.
  • I. Drobiazko, Tapestry 5: Rapid Web Application Development in Java, Lulu, 2012.
  • D. Shafer, HTML Utopia: Designing Without Tables Using CSS, Sitepoint Pty Ltd, 2003.
  • J. Zeldman, Designing with Web Standards, New Riders, 2003.
  • Sitios Web de los frameworks y herramientas empleados en la asignatura.
Bibliografía complementaria
  • E. Gamma, R. Helm, R. Johnson, J. Vlissides, Design Patterns: Elements of Reusable Object-Oriented Software, Addisson-Wesley, 1994.
  • G. Booch, I. Jacobson, J. Rumbaugh, Unified Modeling Language User Guide, 2nd edition, Addison-Wesley, 2005.
  • K. Arnold, J. Gosling, D. Holmes, The Java Programming Language, 4th edition, Addison-Wesley, 2005.
  • J. Crupi, D. Alur, D. Malks, Core J2EE Patterns, 2nd edition, Prentice Hall, 2003.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Marcos de Desenvolvemento/614G01052
Ferramentas de Desenvolvemento/614G01054

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Arquitectura do Software/614G01026

Materias que continúan o temario
Internet e sistemas distribuidos/614G01023

Observacións

É preciso ter soltura na lectura de información en Inglés (toda a bibliografía, recursos Web e libros, está en Inglés).



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías