Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Integración de Aplicacións Código 614G01080
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Coordinación
Álvarez Díaz, Manuel
Correo electrónico
manuel.alvarez@udc.es
Profesorado
Álvarez Díaz, Manuel
Montoto Castelao, Paula
Raposo Santiago, Juan
Correo electrónico
manuel.alvarez@udc.es
paula.montoto@udc.es
juan.raposo@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Esta materia céntrase no estudo de técnicas de integración de aplicacións empresariais. Para elo analiza as diferentes aproximacións existentes tanto para facilitar a integración como para xestionala. Para ilustrar todos estes conceptos xerais, farase uso de tecnoloxías utilizadas habitualmente na industria para estes propósitos, como servicios web RESTFul, e sistemas de integración orientada a servizos (SOA). O enfoque da materia é fundamentalmente práctico, polo que se proporcionan múltiples exemplos de código durante as clases teóricas, e a práctica ten un forte impacto na nota final da materia.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A56 Capacidade para seleccionar, despregar, integrar e xestionar sistemas de información que satisfagan as necesidades da organización, cos criterios de custo e calidade identificados.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Capacidade para deseñar, implementar e despregar servizos software (con énfasis en servicios web) mediante o uso de tecnoloxías modernas e técnicas de diseño estándar, e para xestionar a sua integración en arquitecturas de sistemas de información orientadas a servizos. A56
B1
B3
C2
C3
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Parte I. Introducción Tema 1: Introducción as Tecnoloxías de Integración de Aplicacións
Parte II. Integración de Aplicacións: Servizos Web Tema 2: Introducción a Servizos Web
Tema 3: Tutorial de JAX-RS
Tema 4: Tutorial de JAX-B
Tema 5: Caso de Estudo
Tema 6: Tutorial Avanzado de JAX-RS
Parte III. Integración de Aplicacións: EAI e ESB Tema 7: Introducción a Sistemas de Integración de Aplicacións (EAI) e ESB
Tema 8: Orquestación de Servizos Web

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 21 42
Prácticas a través de TIC 14 56 70
Traballos tutelados 7 25 32
Proba de resposta múltiple 1 5 6
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases impartidas polo profesor mediante a proxección de transparencias. As clases teñen un enfoque totalmente práctico, explicando os conceptos teóricos mediante o uso de exemplos sinxelos e casos de estudo. As transparencias e o código fonte dos exemplos e os casos de estudo están dispoñibles na páxina Web da materia na ferramenta moodle.
Prácticas a través de TIC Ao longo do cuadrimestre realizaranse prácticas en grupo, nas que o alumno utiliza a maior parte dos coñecementos teóricos de maneira integrada. A entrega realízase en varias iteracións. O obxectivo da/s primeiras iteracións é intentar garantir que o alumno enfoca ben a resolución do problema proposto. Para elo, o profesor intenta detectar erros importantes, e nese caso, orienta ao alumno hacia a su resolución. Na última iteración o alumno corrixe os erros detectados na/s anteriores e engade o resto de funcionalidades.

Para os alumnos con matrícula a tempo parcial, o tamaño da práctica será menor, sin que isto supoña un perxuicio na su calificación.
Traballos tutelados De forma complementaria ás prácticas de laboratorio, propóñense extensións a realizar sobre as mesmas que incluian aspectos non explicados directamente nas sesións maxistrais, para que o alumno desenrole a sua capacidade de aprendizaxe de tecnoloxías fronte a novos problemas.
Proba de resposta múltiple Realizarase un exame de tipo test, co obxectivo de comprobar que o alumno asimiliou os conceptos correctamente. O exame tipo test componse dun conxunto de preguntas con varias respostas posibles, das que só unha é correcta. As preguntas non respostadas non puntúan, e as respostadas erróneamente puntúan negativamente.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
Presencia do profesor nas clases de laboratorio e traballos tutelados para resolver dudas relacionadas coas prácticas da materia e para o seguimento na elaboración das mesmas.

As tutorías tamén se establecen como un medio de atención personalizada para a resolución de dúbidas relacionadas coa materia.

En xeral para todos os alumnos, e en particular para o caso de alumnos con matrícula a tempo parcial, tanto a documentación das sesións maxistrais como a correspondentes ás sesiones prácticas estarán accesibles a través da plataforma moodle da Universidade. Adicionalmente, poderán contactar cos profesores da materia de forma presencial a través de titorías ou de forma telemática a través de correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A entrega de cada iteración é obrigatoria. A/s primeira/s non levan asociada una nota (pero a sua entrega é obrigatoria) e o seu obxectivo é asegurar que o alumno enfoca correctamente o desenrolo da aplicación proposta. O profesor califica a práctica durante a corrección da última iteración. 40
Traballos tutelados Seguirase a mesma aproximación que para a evaluación das prácticas de laboratorio, coa única salvedade de que as entregas neste caso non son obrigatorias. 20
Proba de resposta múltiple Realizarase un exame de tipo test, co obxectivo de comprobar que o alumno asimilou os conceptos correctamente. 40
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é preciso obtener:

  • Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na evaluación da práctica.
  • Un mínimo 4,5 puntos (sobre 10) no exame tipo test.
  • Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na nota final, que se calcula como: 0,40*notaExame + 0,40*notaPractica + 0,20*notaTraballos

Observacións adicionais:

  • As notas de prácticas e exámes aprobados consérvanse para a convocatoria correspondente á segunda oportunidade (pero NON para o seguinte curso)
  • Para o caso de alumnos matriculados a tempo parcial flexibilizaránse as datas/horarios de defensa das diferentes revisións dos traballos realizados na materia.

Fontes de información
Bibliografía básica Bill Burke (2013). RESTful java with JAX-RS 2.0. O’Reilly
Leonard Richardson, Sam Ruby (2007). RESTful Web Services. O’Reilly
Poornachandra Sarang, Frank Jennings, Matjaz Juric, Ramesh Loganathan (2007). SOA Approach to Integration: XML, Web services, ESB, and BPEL in real-world SOA projects. Packt Publishing

Recursos en Internet:

- Estándares XML e Servizos Web

http://www.w3c.org

- Estándares BPEL para fluxos inter-aplicación:

http://docs.oasis-open.org/wsbpel/2.0/wsbpel-v2.0.pdf (WS-BPEL 2.0)

- Implementación de Referencia de JAX-RS

https://jersey.java.net/

Bibliografía complementaria Masoud Kalali, Bhakti Mehta (2013). Developing RESTful Services with JAX-RS 2.0, WebSockets, and JSON. Packt Publishing
Gregor Hohpe, Bobby Woolf (2003). Enterprise Integration Patterns: Designing, Building, and Deploying Messaging Solutions. Addison-Wesley Professional
Herbert Schildt (2012). Java 7. Anaya Multimedia
Brett McLaughlin (2006). Java and XML, Third Edition. O’Reilly
Grady Booch, James Rumbaugh, Ivar Jacobson (2005). Unified Modeling Language User Guide, 2nd edition. Addison-Wesley Professional


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Deseño Software/614G01015
Redes/614G01017
Internet e sistemas distribuidos/614G01023

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías