Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Proxectos de Desenvolvemento Software Código 614G01087
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Prerrequisitos
Departamento Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Coordinación
Hernandez Almaraz, Joaquin
Correo electrónico
joaquin.hernandeza@udc.es
Profesorado
Hernandez Almaraz, Joaquin
Correo electrónico
joaquin.hernandeza@udc.es
Web
Descrición xeral Un problema importante no desenvolvemento de proxectos software é todo o relacionado co incumprimento de prazos e custos. Dentro do conxunto de técnicas para resolvelo, están os relativos a unha axeitada xestión dos recursos humanos, así como a realización dunhas estimacións realistas.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A8 Capacidade para planificar, concibir, despregar e dirixir proxectos, servizos e sistemas informáticos en todos os ámbitos, liderando a súa posta en marcha e a súa mellora continua e valorando o seu impacto económico e social.
A9 Capacidade para comprender a importancia da negociación, os hábitos de traballo efectivos, o liderado e as habilidades de comunicación en todos os contornos de desenvolvemento de sóftware
A25 Capacidade para desenvolver, manter e avaliar servizos e sistemas sóftware que satisfagan todos os requisitos do usuario e se comporten de forma fiable e eficiente, sexan accesibles de desenvolver e manter, e cumpran normas de calidade, aplicando as teorías, principios, métodos e prácticas da enxeñaría do sóftware.
A26 Capacidade para valorar as necesidades do cliente e especificar os requisitos sóftware para satisfacer estas necesidades, reconciliando obxectivos en conflito mediante a procura de compromisos aceptables dentro das limitacións derivadas do custo, do tempo, da existencia de sistemas xa desenvolvidos e das propias organizacións.
A28 Capacidade de identificar e analizar problemas, e deseñar, desenvolver, implementar, verificar e documentar solucións sóftware sobre a base dun coñecemento adecuado das teorías, modelos e técnicas actuais.
A29 Capacidade de identificar, avaliar e xestionar os riscos potencias asociados que se puideren presentar.
A47 Capacidade para determinar os requisitos dos sistemas de información e comunicación dunha organización de acordo cos aspectos de seguridade e cumprimento da normativa e a lexislación vixente.
A50 Capacidade para comprender e aplicar os principios da avaliación de riscos e aplicalos correctamente na elaboración e execución de plans de actuación.
A51 Capacidade para comprender e aplicar os principios e as técnicas de xestión da calidade e da innovación tecnolóxica nas organizacións.
A52 Capacidade para comprender o contorno dunha organización e as súas necesidades no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións.
A53 Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar, avaliar, construír, xestionar, explotar e manter as tecnoloxías de hárdware, sóftware e redes dentro dos parámetros de custo e calidade adecuados.
A56 Capacidade para seleccionar, despregar, integrar e xestionar sistemas de información que satisfagan as necesidades da organización, cos criterios de custo e calidade identificados.
A58 Capacidade para comprender, aplicar e xestionar a garantía e seguranza dos sistemas informáticos.
A59 Exercicio orixinal que se realizará individualmente e se presentará e defenderá perante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da enxeñaría en informática de natureza profesional en que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas. Este proxecto realizarase no contexto da tecnoloxía específica elixida polo estudante de entre as cinco ofertadas.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B2 Traballo en equipo
B3 Capacidade de análise e síntese
B4 Capacidade para organizar e planificar
B7 Preocupación pola calidade
B8 Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar
B9 Capacidade para xerar novas ideas (creatividade)
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Capacidade para comprender a importancia do control de prazos e custos na implantacion dun proxecto software A8
A9
A25
A26
A28
A29
A47
A50
A51
A52
A53
A56
A58
B2
B3
B4
B7
B8
B9
C1
C2
C4
Saber utilizar técnicas de estimación A8
A9
A25
A26
A28
A29
A52
A59
B1
B2
B3
B4
B8
B9
C1
C2
C6

Contidos
Temas Subtemas
Teoría Tema 1. Técnicas de estimación. Puntos de Función. Casos de Uso, SLIM, COCOMO II, etc.
Tema 2. Dimensions dun proxecto software (peopleware).
Tema 3. Ciclos de vida e vinculación coa xestión de proxectos.
Práctica Exercicios sobre técnicas de estimación.
Traballos tutelados Traballos propostos para o seu desenvolvemento polo alumno

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 42 63
Traballos tutelados 6 24 30
Prácticas de laboratorio 14 28 42
Proba obxectiva 2 12 14
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O método maxistral utilízase para a presentación dos coñecementos teóricos relacionados cos distintos temas
Traballos tutelados O traballo autónomo é un grupo tutelado que permite aos alumnos levar a práctica, a través de exercicios propostos por eles mesmos, dos coñecementos adquiridos ao longo do curso.
Prácticas de laboratorio As clases prácticas dedicásense a realizar prácticas e exercicios vinculados co temario exposto a trave
és do método maxistral.
Proba obxectiva Exame escrito para valorar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos ao longo do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
Combínanse tanto a exposición maxistral coma as prácticas, nas que se combina o traballo autónomo e o tutelado.

O método maxistral utilízase para a presentación dos coñecementos teóricos relacionados cos distintos temas.

As clases prácticas dedicásense á realización de prácticas e exercicios relacionados co temario exposto a través do método maxistral.

O traballo autónomo e en grupo tutelado permite aos alumnos levar á práctica os coñecementos adquiridos ao longo do curso.
En todo momento se fomentará a participación dos alumnos.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Valoraranse nas prácticas, tanto o nivel técnico coma a completitud, claridade e xustificación desta, así como o participación activa na súa realización. 30
Proba obxectiva Dominio dos coñecementos teóricos e prácticos da materia a través dun exame escrito individual 50
Traballos tutelados Nestas prácticas os alumnos terán que resolver, de xeito autónomo, o traballo proposto polo profesor 20
 
Observacións avaliación

O obxectivo da avaliación é constatar que os alumnos pousen
as competencias fundamentais necesarias.

A nota final de cada alumno, consta de tres partes:

   - Exame escrito individual: 50%

   - Práctica sobre o obxectivo do curso: 30%

   - Traballo tutelado:
20%

Para aprobar a materia é preciso obter unha puntuación
global minima de 5 puntos sobre 10 e cumprir as seguintes restricións:

   - É necesario ter
un mínimo de 4,5 puntos sobre 10 no exame escrito.

   - É necesario ter
un mínimo de 4,5 puntos sobre 10 na práctica.

   - É necesario ter a calificación de APTO no traballo tutelado.


Fontes de información
Bibliografía básica

- “Ingeniería del software. Un enfoque práctico”. Roger S. Pressman. 7ª edición. McGraw-Hill.

- “Software engineering”. Ian Sommerville. 9ª edición. Addison-Wesley.

- “Desarrollo y gestión de proyectos informáticos”. Steve McConnell. McGraw-Hill.

- “Ingeniería del software. Aspectos de gestión. Tomo 1: Conceptos básicos, teoría, ejercicios y herramientas”. Román López-Cortijo y García y Antonio de Amescua Seco. Instituto Ibérico de la Industria del Software (www.iiis.es).

- “IEEE standard for software configuration management plans”. Estándar IEEE 828-1990.

- “IEEE guide to software configuration management”. Guía IEEE 1042-1987.

- “Metrics and models in software quality engineering”. Stephen H. Kan. Addison-Wesley.

- Software Engineering Institute: http://www.sei.cmu.edu/.

- International Function Point Users’ Group (IFPUG): http://www.ifpug.org.

- Peopleware Productivite Projects and Teams. Third Edition (2013). Tom DeMarco y Timothy Lister. Dorset House Publishing.

- Practical Softwre Project Estimation. 3rd. Edition (2010). ISBSG. McGraw-Hill.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías