Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Informática Código 631G01110
Titulación
Grao en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Electrónica e Sistemas
Coordinación
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
jose.vidal.paz@udc.es
Profesorado
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
jose.vidal.paz@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia encádrase dentro das materias básicas das enxeñarías, e máis concretamente considérase como unha materia transversal porque as competencias adquiridas son importantes para cursar a maioría das materias da titulación.

Ademais, se temos en conta a progresiva informatización e automatización experimentada polos buques nestes últimos anos, pódese comprender que as competencias adquiridas nesta materia tamén serán de gran importancia para o desenvolvemento da profesión dos futuros titulados en Náutica.

Dentro do plan de estudos, aínda que esta materia pódese considerar relacionada con case todas as demais, garda unha estreita relación coas Matemáticas e a Física (resolución de problemas, representación gráfica de resultados e interpretación), o Debuxo (CAD), a Electricidade e Electrónica (codificación da información, lóxica binaria, hardware), Economía (xestión de proxectos e resolución de problemas de investigación operativa con ferramentas informáticas), Navegación (cartografía) e Regulamentos e Sinais (planificación de viaxes).

Tamén se considera que está relacionada co Inglés, pois moita da información a manexar (libros, Internet, manuais, ...) atópase neste idioma.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A7 Ensamblar e realizar tarefas básicas de mantemento e reparación de equipos informáticos. Instalar e manexar sistemas operativos e aplicacións informáticas. Instalar e realizar as tarefas básicas de xestión de redes de ordenadores.
A8 Modelizar situacións e resolver problemas con técnicas ou ferramentas físico-matemáticas.
A9 Avaliación cualitativa e cuantitativa de datos e resultados, así como representación e interpretación matemática de resultados obtidos experimentalmente.
A10 Redactar e interpretar documentación técnica e publicacións náuticas.
A14 Planificar e dirixir unha travesía, determinar a situación por calquera medio de navegación, e dirixir a navegación.
A35 Organizar e dirixir a tripulación.
A38 Ser capaz de identificar, analizar e aplicar os coñecementos adquiridos nas distintas materias do Grao, a unha situación determinada formulando a solución técnica máis axeitada dende o punto de vista económico, ambiental e de seguridade.
B2 Resolver problemas de xeito efectivo.
B6 Traballar de forma colaboradora.
B8 Aprender en ámbitos de teleformación.
B10 Versatilidade.
B12 Uso das novas tecnoloxías TIC, e de Internet como medio de comunicación e como fonte de información.
B16 Organizar, planificar e resolver problemas.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer cómo se garda e manipula a información nunha computadora B2
B12
Evaluar expresións lóxicas usando o álxebra de Boole B2
Identificar as diferentes compoñentes hardware dunha computadora A7
B12
Ser capaz de ensamblar unha computadora a partires das suas compoñentes A7
B2
B6
B10
Ser capaz de instalar varios Sistemas Operativos e aplicacións software nunha computadora A7
B2
B6
B10
Ser capaz de instalar e configurar unha rede de equipos informáticos A7
B2
B6
B10
Deseñar correctamente as táboas dunha Base de Datos B6
B12
C3
Ser capaz de efectuar diferentes tipos de consultas nunha Base de Datos B2
B6
B8
C3
Ser capaz de deseñar informes a partires das consultas feitas a unha Base de Datos B2
B6
B8
C3
Coñecer o funcionamento básico e as utilidades das follas de cálculo B12
C3
Ser capaz de programar unha folla de cálculo para resolver diferentes tipos de problemas matemáticos A8
A9
B2
B6
B8
B10
B16
C3
Ser capaz de representar gráficamente e interpretar os resultados dunha folla de cálculo A9
A38
B2
B6
B8
B10
C3
Coñecer os aspectos básicos da planificación dun proxecto B12
C3
Ser capaz de planear un proxecto usando unha ferramenta informática A35
A38
B2
B6
B8
B10
B16
C3
Coñecer diferentes ferramentas e aplicacións de software cartográfico A10
A38
B12
C3
Ser capaz de planear unha travesía por mar usando aplicacións cartográficas A10
A14
A38
B2
B6
B8
B10
B12
B16
C3
Ser capaz de resolver os diferentes problemas de xestión que poidan xurdir ao longo dunha travesía por mar usando as ferramentas informáticas vistas ao longo do curso A35
A38
B2
B6
B8
B10
B16
C3

Contidos
Temas Subtemas
1. CODIFICACION 1.1. INTRODUCCION
1.2. NUMEROS DECIMAIS
1.3. NUMEROS BINARIOS
1.4. CONVERSION DECIMAL-BINARIO
1.5. REPRESENTACION DE NUMEROS NEGATIVOS
1.6. NUMEROS HEXADECIMAIS
1.7. CODIGO DECIMAL BINARIO (BCD)
1.8. CODIGOS ALFANUMERICOS
1.9. CODIGOS DE PARIDADE
2. LOXICA BINARIA 2.1. ALXEBRA DE BOOLE
2.2. FUNCIONS DIXITAIS BINARIAS
2.3. TABOAS DE VERDADE
2.4. PORTAS LOXICAS BASICAS
2.5. LOXICA PROPOSICIONAL
3. HARDWARE 3.1. UNIDADES FUNCIONAIS BASICAS
3.2. PLACA BASE
3.3. CPU
3.4. MEMORIA
3.5. SISTEMA DE INTERCONEXIÓN: BUSES
3.6. REDES
4. SISTEMAS OPERATIVOS 4.1. INTRODUCCION
4.2. PROCESOS E XESTION DO PROCESADOR
4.3. ADMINISTRACION DA MEMORIA
4.4. SISTEMAS DE ARQUIVOS
4.5. ENTRADA/SAIDA
5. BASES DE DATOS 5.1. INTRODUCCION
5.1. MODELO E-R
5.2. MODELO RELACIONAL
5.3. S.G.B.D.
5.4. TABOAS
5.5. CONSULTAS
5.6. APLICACION AO MUNDO MARITIMO
6. FOLLA DE CALCULO 6.1. INTRODUCCION
6.2. FILAS E COLUMNAS
6.3. TIPOS DE DATOS
6.4. FORMATOS
6.5. FORMULAS
6.6. REFERENCIAS
6.7. FUNCIONS
6.8. GRAFICOS
6.9. RESOLUCION DE PROBLEMAS DE I.O.
6.10. APLICACION AO MUNDO MARITIMO
7. PLANIFICACIÓN DE PROXECTOS 7.1. INTRODUCCIÓN
7.2. DIAGRAMAS DE GANT
7.3. PROGRAMACION TEMPORAL DUN PROXECTO
7.4. ASIGNACION DE RECURSOS
7.5. SEGUIMENTO DO PROXECTO
7.6. ANALISE DE CUSTOS
7.7. APLICACION AO MUNDO MARITIMO
8. SOFTWARE CARTOGRAFICO 8.1. FERRAMENTAS WEB PARA O TRABALLO COLABORATIVO
8.2. FERRAMENTAS WEB CARTOGRAFICAS
8.3. APLICACION A PROBLEMAS DE NAVEGACION MARITIMA

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 15 15 30
Prácticas de laboratorio 9 0 9
Solución de problemas 12 18 30
Proba obxectiva 5 25 30
Traballos tutelados 4 20 24
Aprendizaxe colaborativa 6 18 24
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase unha explicación introdutoria dos contidos de cada tema. Proporcionaránselle ao alumno ou ben materiais ou ben indicacións de como consultar fontes adicionais para profundizar no estudo do tema. Os conceptos básicos serán traballados individualmente polo alumno no aula contando coa asistencia do profesor e utilizando exercícios ou tutoriais que este previamente terá preparados na plataforma de aprendizaxe da universidade
Prácticas de laboratorio Unha vez tratados os temas de Hardware e Sistemas Operativos, os alumnos acudirán a un laboratorio para proceder ás labores de ensamblado de equipos informáticos, instalación e configuración de S.O., e instalación de unha rede Wi-Fi.
Solución de problemas As clases maxistrais combinaranse coa resolución de problemas por parte do alumno. Esta será a metodoloxía mais potenciada durante o curso, e usarase tanto no aula coa presenza do profesor como no traballo non presencial do alumno. Os problemas propostos estarán relacionados principalmente co mundo marítimo, de modo que o alumno terá que poñer en práctica os coñecementos aprendidos e comprobar como lle permiten solucionar problemas reales.
Proba obxectiva Ao longo do cuadrimestre realizaránse probas escritas de algunhas partes da materia, principalmente basadas en problemas.

Ao final do cuadrimestre realizarase unha proba escrita, que constará de cuestións teóricas e problemas
Traballos tutelados Proporase aos alumnos o desenvolvemento de traballos sobre os temas tratados nas sesións maxistrais, co obxetivo de profundizar na aprendizaxe en temas moi concretos. Estes traballos deberán expoñerse na clase diante dos compañeiros.
Aprendizaxe colaborativa Proporanse traballos por grupos a partires dunhas especificacións dadas. Cada alumno deberá responsabilizarse dunhas partes do traballo e axudar aos compañeiros nalgunha das partes que lles corresponderon a eles. Terán que facer unha posta en común do traballo e expoñelo finalmente na clase diante dos compañeiros.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Solución de problemas
Descrición
TRABALLOS TUTELADOS
A atención personalizada realizarase no aula resolvendo ás dubidas prantexadas polos alumnos previo a exposición dos traballos diante dos seus compañeiros.

APRENDIZAXE COLABORATIVA
A atención personalizada realizarase no aula indicando os pros e as contras nas opcións a descartar ou incorporar por parte dos grupos ao resultado final do seu traballo, comprobando que cada membro do grupo fai a parte que lle corresponde.

SOLUCION DE PROBLEMAS
A atención personalizada realizarase tamén no aula resolvendo as dúbidas durante a resolución autónoma dos problemas por parte do alumno.

ATENCION PERSONALIZADA
Realizarase no despacho do profesor nos horarios de titorías establecido a comezo de curso e posto en coñecemento do alumno polos medios apropiados no centro e na plataforma de teleaprendizaxe da universidade.

Ademais o profesor resolverá as dúbidas recibidas por medios electrónicos como correo electrónico ou foros creados a tal efecto na plataforma de teleaprendizaxe da universidade.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados O desenvolvemento e exposición dos traballos propostos polo profesor valorarase ata un máximo de 10 puntos. 10
Aprendizaxe colaborativa A participación activa no desenvolvemento dos traballos en grupo, así como o traballo previo á posta en común co grupo valorarase ata un máximo de 25 puntos. 25
Prácticas de laboratorio A participación de maneira satisfactoria na ensamblaxe de equipos e instalación de S.O. e redes terá unha valoración na nota final con un máximo de 10 puntos 10
Proba obxectiva Ao longo do cuadrimetre realizaranse unha serie de probas basadas principalmente en conceptos teóricos e resolución de problemas que sumarán ata un máximo de 55 puntos. 55
 
Observacións avaliación

O alumno ten dúas posibilidades de avaliación:


1. A avaliación continua. Mediante esta via, o alumno ten a posibilidade de superar a asignatura por curso mediante a presentación de traballos, as prácticas de laboratorio e as probas obxectivas que se realizarán ao longo do curso. No caso de acadar máis de 50 puntos, non terá que facer a proba final da convocatoria de xuño. . Esta vía tan só será aplicable no caso de que o alumno asista como
mínimo ao 80% das horas presenciais. 

2. A avaliación mediante proba obxectiva final. Esta via se aplicará cando o alumno non opte á posibilidade de avaliación continua, ou ben cando non acade un mínimo de 50 puntos ao longo do curso. Neste caso o alumno examinarase do temario completo, e o 100% da nota virá de esta proba obxectiva.

Non se gardará nengunha nota para a convocatoria de xullo en nengún caso.

Fontes de información
Bibliografía básica Borruel, F. (2002). Access 2000. Madrid
Ujaldón, M. (2001). Arquitectura del PC. Madrid
Prieto, A. (2005). Conceptos de informática. Madrid
Floyd, T.L. (2006). Fundamentos de Sistemas Digitales. Madrid
Rodríguez, J. (2001). Microsoft Excel 2002. Iniciación y referencia. Madrid
Delgado J.M., Paz F. (2009). OpenOffice.org 3.0. Madrid
Bucki, L.A. (2009). OpenProj: the open source solution for managing your projects. Australia
Pablo Lopez Varela; Santiago Iglesias Baniela (2007). Planificacion, Programacion y Control de Proyectos mediante técnicas de camino critico. Santiago. Ed. Tórculo

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Economía Marítima/631G01201
Navegación I/631G01202
Electricidade e Electrónica/631G01206
Collision Rules, signals, bouyage system and ISM Code (Reglamento de Abordaxes, Sinales, Sistema de balizamento e Código ISM)/631G01303
Informática Aplicada/631G01501

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Matemáticas II/631G01106
Inglés I/631G01108

Materias que continúan o temario
Matemáticas I/631G01101
Expresión Gráfica/631G01102
Física/631G01103

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías