Datos Identificativos 2011/12
Asignatura (*) Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza II Código 652G02021
Titulación
GRAO EN EDUCACIÓN PRIMARIA
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Terceiro Obrigatoria 9
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Garcia Barros, Susana
Correo electrónico
susana.gbarros@udc.es
Profesorado
Bugallo Rodríguez, Ánxela
Garcia Barros, Susana
Correo electrónico
anxela.bugallo@udc.es
susana.gbarros@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A25 Comprender os principios básicos e as leis fundamentais das ciencias experimentais (Física, Química, Bioloxía e Xeoloxía).
A26 Coñecer o currículo escolar destas ciencias.
A27 Formular e resolver problemas asociados coas ciencias á vida cotiá.
A28 Valorar as ciencias como un feito cultural.
A29 Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sustentable.
A30 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B8 Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B16 Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente.
B17 Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo.
B18 Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes.
B19 Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Comprender os principios básicos e as leis fundamentais das ciencias experimentais (Física, Química, Bioloxía e Xeoloxía). A25
B8
B9
C1
C7
Coñecer o currículo escolar destas ciencias. A26
B16
B17
Formular e resolver problemas asociados coas ciencias á vida cotiá. A27
B2
B14
C6
Valorar as ciencias como un feito cultural. A28
B9
B15
C4
Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sustentable. A29
B2
B19
C4
C8
Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes. A30
B8
B17
B18
C1
C7

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE 1. A organización do proceso de ensino das Ciencias na educación primaria

1. Que ensinar. Criterios de selección e secuenciación de contidos.
2. Como ensinar. A secuencia de ensino e os tipos de actividades. O papel do profesor no desenvolvemento de contidos científicos.
3. Actividades e recursos didácticos para o ensino das Ciencias. As explicacións científicas no aula.
4. Que e como avaliar. Criterios e procedementos de avaliación. A súa integración no proceso de ensino-aprendizaxe. A autorregulación das aprendizaxes.
BLOQUE 2. Ensino e aprendizaxe do medio físico


1. Interese educativo do estudo do medio físico na educación primaria
2. Análise conceptual. O medio físico, os seus compoñentes (o aire, a auga, o chan/as rocas, os astros) e os fenómenos asociados (fenómenos atmosféricos e astronómicos). Análise e definición dos contidos que se deben ensinar na educación primaria
3. Problemática da aprendizaxe. As ideas e dificultades dos alumnos respecto da materialidad do aire e o seu comportamento, os movementos aparentes e reais dos astros e os cambios na superficie terrestre.
4. Recomendacións metodológicas, actividades e recursos para estudar os compoñentes do medio e os fenómenos atmosféricos e astronómicos.

BLOQUE 3. Ensino e aprendizaxe dos seres vivos e o seu medio. 1. A importancia de estudar os seres vivos en Educación Primaria
2. Análise científica: o modelo de ser vivo; a diversidade dos seres vivos; os organismos en relación co medio -adaptacións e cambios-. Determinación do contido escolar
3. A problemática da aprendizaxe. A dificultade de comprender as funcións vitais, a súa interrelación. A dificultade de percibir a integración dos organismos no medio en continuo cambio.
4. Recomendacións metodológicas. Actividades, medios e recursos para estudar os seres vivos, as súas funcións, a súa relación co medio (terrarios, saídas ao campo, visitas,...)
BLOQUE 4. O ser humano un referente de ser vivo na educación primaria 1. Interese educativo do estudo do ser humano e o mantemento da saúde
2. Análise científica. Os coñecementos biolóxicos fundamentais para o ensino de corpo humano e o mantemento da saúde na educación primaria. Determinación do contido escolar.
3. Problemática de aprendizaxe: as ideas que teñen os alumnos de 6-12 anos sobre este tema. Influencia en selección e secuenciación de contidos.
4. Recomendacións metodológicas. Actividades de ensino, uso de modelos anatómicos.
BLOQUE 5. O estudo das sociedades humanas e a súa relación co medio ambiente na educación primaria 1. Importancia de introducir a interacción ciencia/tecnoloxía/sociedade e medio ambiente no ámbito educativo
2. As sociedades humanas intégranse no medio, dependen del e posúen gran capacidade de cambio (contaminación do aire e da auga, variación da temperatura; incidencia na biodiversidade, no cambio e deterioración dos ecosistemas). Análise desta problemática na educación primaria
3. Recomendacións metodológicas para tratar alternativas e comportamentos desexables para manter un desenvolvemento sostible na educación primaria.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral 4 6 10
Aprendizaxe colaborativa 3 3 6
Prácticas de laboratorio 16 24 40
Traballos tutelados 0 40 40
Sesión maxistral 25 50 75
Estudo de casos 3 4.5 7.5
Proba mixta 3 30 33
Saídas de campo 3 4.5 7.5
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Exposición sobre diferentes cuestións relativas a que e como ensinar contidos concretos de Ciencias na Educación Primaria, utilizando a conversación dialogada en gran grupo
Aprendizaxe colaborativa Estudo de supostos prácticos ou situacións diversas e de diferentes materiais escritos, tanto en pequeno como en gran grupo, presentadas e orientadas polo profesor.
Prácticas de laboratorio Realización de actividades prácticas, en pequeno grupo e baixo a dirección do docente, ao redor da planificación/realización de experiencias sobre obxectos e fenómenos, relativos a contidos científicos relevantes en educación primaria.
Traballos tutelados Elaboración de traballos, relativos á problemática do ensino e aprendizaxe de contidos concretos.
Comprenden: a) Lecturas e análise individual sobre a temática proposta; b) Discusión en pequeno grupo e desenvolvemento do traballo; c) Seguimento do traballo en fase de realización
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a formulación de interrogantes aos estudantes, sobre os aspectos teóricos que debe coñecer un mestre en relación ao ensino e aprendizaxe das Ciencias da natureza.
Estudo de casos Análise de problemas concretos relacionados coa práctica docente, relativos ao ensino das Ciencias na educación primaria (selección/secuenciación de contidos, actividades,...). Intercambio de ideas entre o alumnado e discusión/debate das mesmas.
Proba mixta Proba que integra preguntas obxectivas (de resposta múltiple ou de resposta breve) e preguntas de ensaio e desenvolvemento (análise de situacións, resolución de problemáticas, valoración de propostas concretas...) relacionadas co ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza na educación primaria.
Saídas de campo Realización de actividades en el medio, en pequeño grupo y bajo la dirección del docente, en torno a la planificación/realización de experiencias sobre objetos y fenómenos del entorno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os alumnos/as serán atendidos no horario de titorías para orientar y resolver problemáticas concretas relativas a o traballo na súa fase de realización.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Valoraráse a capacidade de expoñer traballos e de contestar as preguntas que podan surdir a ráiz da presentación 10
Proba mixta Valoraráse a adquisición dos coñecementos relevantes e a capacidade interpretativa do alumnado (análise e síntese, argumentación, crítica...) adquiridos a o longo do curso. 60
Traballos tutelados Valorarase a inclusión dos aspectos descriptivos relevantes e especialmentela capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto as situacions obxeto de estudo. 30
 
Observacións avaliación

Pruebas concretas:


1.- Avaliación dos traballos tutelados. Serán avaliados tres traballos presentados nas datas fixadas ao longo do curso. Os alumnos que non obteñan unha nota media mínima (superior a 4) neste apartado deberán realizar un exame práctico final na convocatoria marcada oficialmente pola Facultade




2.- Evaluase a calidade das presentaciós orais


3.- Proba escrita. Faranse dúas probas: a primeira abarcará a metade da materia; a segunda coincidirá coa convocatoria de exame final fixada pola facultade. Os alumnos/as que superen a primeira proba ou teñan unha cualificación superior a 4 poderán presentarse só ao exame do segundo parcial. Os alumnos/as que teñan menos de 4 deberán realizar unha proba final que abarque todo o contido da materia. A nota correspondente á proba mixta será a media aritmética das notas obtidas


Nota. A asistencia ás sesións interactivas e prácticas é obrigatoria. No caso de que non se asista a mais do 10% das sesións, o alumno/a terá necesariamente que realizar un exame final práctico.



Fontes de información
Bibliografía básica

Cañal, P., Lledó, A., Pozuelos, F. J., y Travé, G. 1997. Investigar en la escuela: elementos para una enseñanza alternativa. Sevilla: Díada.1997.

Cañal, P., 2008.  Investigando los seres vivos: proyecto curricular Investigando nuestro mundo (6-12).

Sevilla: Díada

Cañas, y otras 2007. Competencias en el conocimiento y la interacción con el mundo físico. La competencia científica. Alianza Editorial. Madrid.

Catalá, M. y otros. 2003. Las Ciencias en la escuela. Graó. Barcelona.

Del Carmen, L. 1988. Investigación del medio y aprendizaje. Graó. Barcelona

Del Carmen, L. 1996. El análisis y secuenciación de los contenidos educativos. ICE/Horsori. Barcelona.

Del Carmen, L. y otros, 1997. La enseñanza y el aprendizaje de las Ciencias de la Naturaleza. Horsori/ICE UAB. Barcelona.

Driver, R. y otros 1989. Ideas científicas en la infancia y la adolescencia. MEC/Morata

García, J. y García, F., 1989. Aprender investigando. Diáda. Sevilla.

Garrido, J.M. y Galdón, M. 2003. Ciencias de la Naturaleza y su Didáctica. Grupo editorial Universitario.

Harlen,  W. 1998. Enseñanza y aprendizaje de las Ciencias. Mora­ta. Madrid.

Marín, N. 2003. La enseñanza de las Ciencias en primaria. Grupo editorial Universitario.

Osborne,R. y Freyberg,P. 1991. El aprendizaje de las Ciencias. Implicaciones de las Ciencias de los alumnos. Narcea. Madrid.

Pujol, R.M. 2003. Didáctica de las Ciencias en la educación primaria. Síntesis. Madrid.

Sanmartí, N. 2002. Didáctica de las Ciencias en la educación secundaria obligatoria. Síntesis. Madrid.

Sanmartí, N. 2007. Diez ideas clave : evaluar para aprender. Graó . Barcelona

Sanmartí, N. y otros 2003. Aprendre Ciències. Tot aprenent a escriure Ciencia. Associació de mestres Rosa Sensat. Barcelona

Weissmann,H. 1993. Didáctica de las Ciencias Naturales. Pai­dós. Barcelona.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Practicum II/652G02034

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Didáctica da educación para a saúde/652G02041

Materias que continúan o temario
Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza I/652G02020

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías