Datos Identificativos 2011/12
Asignatura (*) Didáctica das ciencias sociais II Código 652G02022
Titulación
GRAO EN EDUCACIÓN PRIMARIA
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Terceiro Obrigatoria 9
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Coordinación
Magdalena Vidal, Maria Victoria
Correo electrónico
victoria.magdalena@udc.es
Profesorado
Bas López, María Begoña
Diéguez Cequiel, Uxío Breogán
Magdalena Vidal, Maria Victoria
Correo electrónico
begona.bas@udc.es
uxio.breogan.dieguez.cequiel@udc.es
victoria.magdalena@udc.es
Web
Descrición xeral A formación en Ciencias Sociais e no ámbito e disciplinas que a integran resulta de interese fundamental nos estudos dos/as mestres/as. Trátase do desenvolvemento do pensamento crítico, da adquisición dos fundamentos científicos e do coñecemento das Ciencias Sociais como recurso para o coñecemento do medio.
Traballaranse conceptos, métodos e prácticas na didáctica das Ciencias Sociais con especial atención ao Patrimonio Cultural de Galicia.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A5 Coñecer as propostas e desenvolvementos actuais baseado na aprendizaxe de competencias.
A8 Coñecer os fundamentos da educación primaria.
A14 Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática.
A17 Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria.
A31 Comprender os principios básicos das ciencias sociais.
A32 Coñecer o currículo escolar das ciencias sociais.
A33 Integrar o estudo histórico e xeográfico desde unha orientación instrutiva e cultural.
A34 Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico.
A35 Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos.
A37 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
B12 Capacidade de selección, de análise, de avaliación e de utilización de distintos recursos na rede e multimedia.
B13 Lectura e interpretación de imaxes.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B16 Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente.
B18 Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes.
B19 Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Analizar o campo de coñecemento da Historia e das Ciencias Sociais e a súa fundamentación interdisciplinar. A31
A33
A34
A35
B1
B3
C8
Recoñecer a complexidade na construcción do coñecemento histórico e social e a biodiversidade social e cultural. Adquirir habilidades para o manexo das distintas fontes de información orais, materiais, documentais, audiovisuais e informáticas. A31
A33
B12
B13
B15
Reflexionar sobre os valores que se transmiten desde as ciencias sociais e a súa importancia na formación do pensamento social e na aprendizaxe de actitudes e valores democráticos. A14
A34
A35
B6
B18
B19
C4
C7
Coñecer o curriculum das ciencias sociais na educación primaria. Analizar as metas educativas, a selección e organización dos contidos, as extratexias de ensino e aprendizaxe e os criterios e formas da avaliación. A8
A32
B15
B16
Transferir á práctica educativa o marco teórico co obxetivo de ser capaces de reflexionar sobre propostas didácticas innovadoras e desenvolver actitudes críticas e creativas fronte a experiencias didácticas presentadas na aula. A17
A37
B1
B2
B16
Adquirir competencias para transferir á práctica os coñecementos teóricos e deseñar propostas didácticas innovadoras que melloren as prácticas de ensino e aprendizaxe das ciencias sociais no contexto educativo da etapa 6 a 12 anos. A5
A17
A33
A37
B4
B5
B9
B14
C1

Contidos
Temas Subtemas
Bloque 1: Epistemoloxía das Ciencias Sociais.

- Conceptos.
- Investigación e transferencia didáctica.
- Obxectivos da metodoloxía didáctica.
- Contidos.
- As fontes. Análise crítica
Bloque 2. As coordenadas básicas: espazo e tempo.
- Percepción, comprensión e conceptualización do espazo.
- Espazo interno, descentralización espacial, relacións espaciais.
- Percepción, comprensión e conceptualización do tempo.
- As bases da aprendizaxe. A cronoloxía.
Bloque 3. Estratexias, recursos e materiais didácticos.
- Conceptos.
- Elaboración de materiais didácticos.
- Experimentación.
Bloque 4. Cambios e paisaxes históricas I.
Vestixios do pasado no medio como testemuños da vida noutras épocas.
-Iniciación á recolleita de información sobre o pasado a partir de restos arqueolóxicos, imaxes, obras de arte e textos escritos.
- Patrimonio cultural e didáctica.
- Temas de Prehistoria e Historia de Galicia.
- As fontes para o coñecemento.
- A cultura tradicional.
- Temas de Etnografía de Galicia.
- Elaboración de propostas.
Bloque 5. Cambios e paisaxes históricas II.
Algúns feitos históricos relevantes no último século (cambios sociais, políticos e tecnolóxicos).
Algúns feitos relevantes na historia de España.

- Recolleita, arquivo e clasificación de diversos documentos históricos relativos á historia y ó pasado histórico.
-Localización en mapas de lugares relativos ós acontecementos e personaxes estudados.
-Recolleita de testemuños directos sobre acontecementos pasados.

Bloque 6. Evolución dalgún aspecto básico da vida ó longo da historia (vestido, transporte, trazos da paisaxe vivenda).
- Elaboración e interpretación de cadros cronolóxicos comparativos de la evolución histórica a distintas escalas (local, nacional e mundial) e de diversos aspectos (cultura e arte).
- Utilización de eixos cronolóxicos (friso da historia) situando os principais acontecementos históricos , persoas, sociedades e feitos históricos estudados.
Bloque 7. Medios de comunicación e transporte.
-Planificación de itinerarios de viaxes simulados e reais utilizando medios de transporte e situándoos no mapa.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 32 0 32
Actividades iniciais 3 6 9
Análise de fontes documentais 5 15 20
Discusión dirixida 5 15 20
Lecturas 3 15 18
Presentación oral 1 4.5 5.5
Saídas de campo 6 24 30
Recensión bilbiográfica 2 9.6 11.6
Proba mixta 7 70 77
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estructura de cada tema. A partir dos esquemas iniciais e co apoio de documentación específica, iranse desenvolvendo a parte teórica dos contidos conceptuais da materia mediante metodoloxía explicativa.
Actividades iniciais Antes de iniciar os temas do programa se desenvolverán actividades que permitan coñecer os saberes previos do alumnado respecto ás ciencias sociais, as competencias, intereses e motivacións que posúen para o logro dos obxectivos finais que queremos alcanzar nesta materia.
Análise de fontes documentais Ao longo do curso, os estudiantes terán ocasión de coñecer e manexar moi diversas fontes de información orais, documentais (artigos, capítulos de libros, unidades didácticas extraídas de revistas, libros escolares de texto...), materiais, audiovisuais, páxinas web,etc. Estas fontes utilizaranse tanto como introdución xeral a un tema o como mateiais de obtención de información para a construcción de coñecementos.
Discusión dirixida Metodoloxía fundamental para poñer en común os contidos traballados na aula e fora dela. Guía os traballos previos e concreta as conclusións e as aportacións dos grupos de traballo.
Lecturas Proporcionarase unha listaxe de lecturas complementarias ás explicacións teóricas dos contidos científicos e didácticos, uns con carácter obrigatorio e outros voluntario.
Presentación oral Os traballos de pequeno grupo serán obxecto de exposición na aula, xa que as facilitan a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvovemento da profesión de mestres.
Saídas de campo Realizaranse saídas para o coñecemento do medio en relación cos temas traballados na aula.
Recensión bilbiográfica Realizaranse lecturas críticas, que incluirán, resumos e análises, de capítulos de libros, artigos de revistas ou calquera outro tipo de texto.
Proba mixta Ao longo do curso iranse realizando probas sobre contidos teóricos impartidos nas sesións expositivas e traballados nas interactivas. Estas probas puntuarán ate 10.
Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Esta proba puntuará ate 50.
Teranse en conta aspectos tales como coñecemento dos conceptos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de síntese, capacidade de relación, capacidade de traballo autónomo e en grupo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Recensión bilbiográfica
Descrición
O alumnado recibirá atención personalizada que o oriente na metodoloxía para a selección e realización das lecturas e das recensións bibliográficas.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Presentaranse na aula proxectos, esquemas e resultados do traballo do alumnado sobre dos temas tratados na aula, nas saídas ao medio e en calquera das cuestións tratadas na materia. 10
Proba mixta Consta de dúas partes:
Ao longo do curso iranse realizando probas continuas sobre contidos teóricos impartidos nas sesións expositivas e traballados nas interactivas. Estas probas puntuarán ate 10.
Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación (xuño) que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Esta proba puntuará ate 50.

60
Saídas de campo Puntuará a asistencia, participación activa e traballo anterior e posterior ás saídas ao medio. 20
Recensión bilbiográfica Terase en conta a dificultade dos textos escollidos e a corrección na metodoloxía aplicada, así como a corrección na expresión escrita. 10
 
Observacións avaliación

Na avaliación terase en conta a asistencia a clase nas sesións expositivas e a asistencia e a participación activa nas sesións de docencia interactiva. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e capacidade de
síntese, a claridade expositiva oral e escrita e a participación e cumprimento nas tarefas que se encomenden tanto individuais como en grupo.


-Na primeira oportunidade
de avaliación
terán carácter de NON PRESENTADO aqueles/as alumno/as
que non concorran á "proba mixta", e non realizaran as actividades e tarefas encomendadas ao longo do curso que se inclúan nas metodoloxías relacionadas. Por tanto, para ter NON PRESENTADO non poden ter feito actividade ningunha da materia.

-Terán carácter de SUSPENSO aqueles/as alumnos/as que non téndose presentado á
"proba mixta" tiveran realizado previamente calquera das outras
actividades e tarefas encomendadas ao longo do curso que se inclúan nas "metodoloxías". De superaren as avaliacións destas actividades (que puntúan: 10 "presentación oral"; 20 "saídas ao medio"; 10 "recensión bibliográfica"), conservaráselles a cualificación ate a segunda oportunidade de avaliación.

-Os/as alumnos/as que concorrendo a unha segunda oportunidade de avaliación
non tiveran realizado as actividades de avaliación propia e as de avaliación continua, terán
realizar esta proba única na que terán que facer fronte a preguntas relativas a aquelas, debendo obter nestas preguntas unha cualificación mínima de
5.0.

-Para superar a materia os/as alumnos/as deberán superar cada unha das dúas partes: proba mixta e a suma das tres probas.


Fontes de información
Bibliografía básica Hernández Cardona, X. (2002). Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia. Barcelona. Graó
Benejam, P., Pagés, J. et al. (1999). Los conceptos clave en la Didáctica de las CCSS. Barcelona.Graó
Trepat, C. (1995). Procedimientos en Historia. Un punto de vista didáctico.. Barcelona. Graó
Carretero, M. (2004). Aprender y pensar la historia.. Buenos Aires: Amorrortu
VVAA (1999). Cómo hacer unidades didácticas más innovadoras. Sevilla. Díada
Cooper, H. (2002). Didáctica de la Historia en la enseñanza infantil y primaria. Madrid.MEC. Morata
Domínguez Garrido, C. coord. (2004). Didáctica de las Ciencias Sociales. Madrid. Pearson Prentice Hall
Tann, C.S. et al. (1990). Diseño y desarrollo de unidades didácticas en la escuela primaria.. Madrid: MEC_Ediciones Morata
Batllori, R. y Casas, M. (2000). El conflicto y la diferenciación. Conceptos clave en la enseñanza de las Ciencias Sociales. Lleida. Milenio
Trepat, C. y Comes, P. (1998). El tiempo y el espacio en la didáctica de las Ciencias Sociales. Ed. Graó
Pluckrose, H. (1993). Enseñanza y aprendizaje de la Historia. Madrid. Morata
Tribó, G (2005). Enseñar a pensar históricamente. Barcelona. Horsori
Benejam, P., Pagés, J. et al. (1997). Enseñar y aprender Ciencias Sociales. Barcelona. ICE Horsori
Armas, X. (coord) (2002). Ensinar historia de Galicia. Santiago. ICE USC
Torres Santomé, J. et al. (2002). Ensinar historia de Galicia. Aspectos historiográficos e didácticos.. Santiago de Compostela: Universidade
Miralles Martínez, P. Molina Puche, S., Santisteban Fernández, A. (eds.) (2011). La evaluación en el proceso de enseñanza y aprendizaje de las ciencias sociales. Murcia: AUPDCS
López Facal, R. et al. (2000). La historia al servicio del poder. Barcelona. Crítica
García Ruiz, A.L., Jiménez López, J.A. (2007). La implementación de los principios científico-didácticos en el aprendizaje de la geografía y de la historia. Granada: Universidad
Benejam, P., et al. (2002). Las ciencias sociales: concepciones y procedimientos. Barcelona.Graó
Bardavio Novi, A., González Marcén, P. (2003). Objetos en el tiempo. Las fuentes materiales en la enseñanza de las ciencias sociales. Barcelona. ICE. Horsori
Liceras Ruiz, A. (2004). Observar e interpretar el paisaje. Estrategias didácticas. Granada. Grupo Editorial Universitario

Bibliografía complementaria (). .
Ember, C. otros (2004). Antropología. Perason Prentice Hall
Spector, R. (2004). Antropología. Perason Prentice Hall
Agüera, I. (2000). Diálogo con mi nieto. El papel de los “mayores” en la educación de los “pequeños”. Madrid. Narcea
Maestre Alfonso, J. (2004). Diccionario de Sociología. Escuela Superior de Gestión Comercial y Marketin
Santacana i Mestre, Martin Piñol, C. (2010). Manual de museografía interactiva.. Gijón: Trea
Ceballos Rodríguez, J. (2002). Recopilación de juegos y canciones populares para Infantil y Primaria. Granada. Grupo Editorial Universitario
VVAA (1999). Un curriculum de Ciencias Sociales para el s. XXI: qué contenidos y para qué.. Asociación Universitaria del Profesorado de Ciencias Sociales. Sevilla. Díada

Bibliografía: lecturas de textos e traballos na aula (irase ampliando ao longo do curso)

Barciela Garrido, P., & E. Rey Seara, 2000. Xacementos arqueolóxicos de Galicia. Ed. Xerais.

Bas, B., 2009. Castro de Elviña. Guía de recursos didácticos. Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña-Concello da Coruña.

Carballo Arceo, L.X. Os castros galegos. A Nosa Terra.

Harris, M., 1994. Vacas, cerdos, guerras y brujas. Los enigmas de la cultura. Alianza Editorial.

Maestre Alfonso, J., 1976. La investigación en Antropología Social (ejemplos y técnicas operativas). Akal Editor

 

Malinowski, B., 1970. Una teoría científica de la cultura y otros ensayos. Edhasa.

Mariño Ferro, X.R., 2000. Antropoloxía de Galicia. Vigo: Xerais.

VVAA. Guía didáctica del Museo del Pavillón de Galicia .Mapa topografico en relevo de Galicia. Escala 1/50.000. Equipo Rio Barxa: Magdalena Vidal.José  Torres y Mayer.  Museo:"Galicia, presencias y esencias de una Cultura" donde se trata de mostrar, con imágenes y objetos, la cultura, las costumbres, las tradiciones y la Historia de Galicia, incidiendo de manera muy especial en el Camino de Santiago.

VVAA. 1991-2008. Galicia. Proxecto Hércules Editorial. Dirixido por Francisco Rodríguez Iglesias. A Coruña: Hércules de edicións.

REVISTAS

CUADERNOS DE PEDAGOGÍA

ÍBER. DIDÁCTICA DE LAS CIENCIAS SOCIALES, GEOGRAFÍA E HISTORIA.

CONCIENCIA SOCIAL.

DIDÁCTICA DE LAS CIENCIAS EXPERIMENTALES Y SOCIALES

ENSEÑANZA DE LAS CIENCIAS SOCIALES. REVISTA DE INVESTIGACIÓN.

PÁXINAS WEB

www.turgalicia.es

 

www.aaviladonga.es

www.museodopobo.es/deac-visitas.php

http://clio.rediris.es

www.edu.xunta.es

http://pntic.mec.es/recursos/primaria/conocimiento

www.educahistoria.com

www.didactica-ciencias-sociales.org

www.edu.aytolacoruna.es

www.cervantesvirtual.com

www.prensaescuela.es


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Dada a relevancia do traballo interactivo, sempre en relación coa teoría impartida nas sesións maxistrais, é fundamental a asistencia e participación activa tanto nas sesións maxistrais como nas sesións interactivas, así como en todas as actividades desenvoltas no contexto da materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías