Datos Identificativos 2011/12
Asignatura (*) Practicum I Código 652G02033
Titulación
GRAO EN EDUCACIÓN PRIMARIA
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 9
Idioma
Galego
Prerrequisitos Para matricularse no Practicum I é necesario ter superado 90 créditos.
Departamento Didácticas Específicas
Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Coordinación
Mendez Garcia, Rosa Maria
Correo electrónico
rosa.mendez@udc.es
Profesorado
Cotelo Guerra, Dolores
Fernandez Prieto, Marta
Gonzalez Sanmamed, Mercedes
Iglesias Salvado, Jose Luis
Porto Rioboo, Ana Maria
Ramos Rodriguez, Xosé
Rodicio Garcia, Maria Luisa
Santorum Paz, Maria Rosa
Correo electrónico
dolores.cotelo@udc.es
marta.prieto1@udc.es
mercedes.gonzalez.sanmamed@udc.es
jose.luis.iglesias@udc.es
ana.prioboo@udc.es
jose.ramos@udc.es
m.rodicio@udc.es
rosa.santorump@udc.es
Web
Descrición xeral REQUISITOS DA MATRÍCULA
Para matricularse no Prácticum I é necesario ter superados 90 créditos.
CRÉDITOS E PRESENCIALIDADE
Dos 9 créditos da materia (225 horas), o 55% son de carácter presencial (135 horas) e o 45% de carácter non-presencial ou de traballo autónomo (90 horas).
Das 135 horas de carácter presencial, 125 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras (25 horas semanais), e as 10 horas restantes dedicaranse a sesións informativas e titorías na Facultade.
Durante o desenvolvemento do Prácticum I suspenderase a docencia no resto das materias correspondentes ao segundo cuadrimestre do terceiro curso da titulación.
CONTEXTUALIZACIÓN
No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación duns novos plans de estudo acordes cos requirimentos do Espazo Europeo de Educación Superior, posto en marcha no ano 1999 coa Declaración de Bolonia. Esta declaración salientaba a importancia de reforzar o trinomio investigación-innovación-educación, para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito:
“Os títulos de grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art. 9.1), de tal maneira que considera a posibilidade de establecer prácticas externas que virían “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecer a formación… [e] proporcionar un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (preámbulo do RD 1393/2007, de 29 de outubro, de ordenación das ensinanzas universitarias oficiais).

O propósito central da materia denominada Prácticum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, para facilitar que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais. Tamén se lle asignará un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes necesarias á hora da investigación, co obxecto de situar a práctica profesional no centro da formación e como elemento para ter en conta na organización do currículo. Trátase de que a reflexión sobre a práctica converta esa experiencia en fonte de aprendizaxe, incremente a capacidade de aprender con autonomía e potencie a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as novas titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A64 Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
A65 Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica.
A66 Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se podan establecer nun centro.
A68 Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social.
B17 Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro A64
C7
Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde e sobre a práctica A65
B17
C4
Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro A66
C4
Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social A68

Contidos
Temas Subtemas
A organización das institucións educativas e a súa incidencia no funcionamento das aulas de educación primaria - Os órganos de goberno do centro e os órganos de coordinación das actividades que nel se desenvolven.
- O réxime de funcionamento do centro: proxectos, programas, plans, horarios, etc.
- A cultura do centro escolar.
A concreción do currículo da educación primaria de acordo coas características dos contextos e das culturas dos destinatarios - Os niveis de concreción, o seu grao de coherencia e contextualización: Decreto de currículo, programación de ciclo e programación de aula.
- O currículo como proxecto formativo, integrado e emancipador: as unidades didácticas, os centros de interese, os proxectos de aprendizaxe etc.
A xestión da aula na educación primaria como marco de referencia para un desenvolvemento integral que se constitúa como base da aprendizaxe ao longo da vida - Principios de procedemento didácticos para a organización da vida na aula
- Culturas escolares e procesos de comunicación emerxentes nas aulas
- Usos críticos dos recursos e materiais curriculares na educación primaria
- A titoría (individual/grupal) como elemento dinamizador e de conexión entre os centros e as familias
- A avaliación de aprendizaxes como avaliación educativa e auténtica
A reflexión sobre a práctica como ferramenta para a innovación e a mellora - O interese pola avaliación do currículo deseñado e desenvolvido
- Técnicas e estratexias de recollida de información para a reflexión sobre a práctica tomando como referencia os discursos dos mestres e dos alumnos
- A elaboración de informes científicos portadores de liñas de mellora contextualizadas

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Saídas de campo 125 0 125
Seminario 10 0 10
Traballos tutelados 10 0 10
Portafolios do alumno 0 70 70
Análise de fontes documentais 0 10 10
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Saídas de campo CONSTITÚEN AS PRÁCTICAS PEDAGÓXICAS: 125 horas de permanencia na institución educativa durante as cales se realizarán tarefas de observación, análise de casos, colaboración en accións educativas cos profesionais da propia institución etc.
Seminario 1. Sesión informativa inicial (2 horas). Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar o alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Prácticum.
2. Selección de centro (2 horas).
3. Tres seminarios de titoría durante o Prácticum co profesorado titor (6 horas).
- Antes de incorporarse ao centro de prácticas o profesorado de Prácticum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitados, cronograma dos seminarios e calquera outra suxestión que estimar oportuna.
- Durante a realización do Prácticum terá lugar a posta en común dos portafolios do alumnado asignado a un/ha mesmo/a titor/a co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional. Tamén se comentarán os textos ou documentos seleccionados para este fin.
- De avaliación, para responder as dúbidas do alumnado que se titoriza no tocante aos documentos solicitados.
Traballos tutelados A elaboración do portafolios para recoller a experiencia do Prácticum I será titorizada mediante sesións de traballo grupal ou individual que terán lugar na Facultade. Durante estas sesións daranse as indicacións oportunas sobre o contido e a estrutura do traballo, as fontes documentais imprescindibles ou a relevancia e pertinencia da análise da experiencia. Este traballo tutelado poderá contar tamén con exposicións ante os compañeiros e posta en común co obxecto de compartir experiencias que enriquezan a aprendizaxe colectiva.
Portafolios do alumno Ver documento en Anexos.
Análise de fontes documentais Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Prácticum I dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución educativas. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade educativa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Saídas de campo
Seminario
Traballos tutelados
Portafolios do alumno
Descrición
Ademais dos seminarios de seguemento do practicum, o profesorado titor/a da Facultade estará dispoñible no horario de titorías.

O profesorado da Universidade realizará polo menos tres contactos cos centros de Practicum:
1ª) Antes da incorporación do alumnado ao centro para comprobar a recepción da documentación, confirmar a incorporación do alumnado e ultimar os trámites e acordos que fosen necesarios.
2ª) Durante o desenvolvemento do practicum para compartir información sobre o grao de integración do alumnado.
3ª) Ao finalizar o período do practicum para avaliar a experiencia.

Na medida do posible un dos contactos co centro terá forma de visita.



Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
0
Saídas de campo O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula. 40
0
Seminario O/a titor/a da Facultade avaliará a participación do alumnado nos seminarios cos seguintes criterios:
- Asistencia a todas as sesións presenciais
- Calidade das achegas á hora de expresar dúbidas razoables, expoñer ideas enriquecedoras e compartir experiencias de interese etc.
20
Portafolios do alumno O/a titor/a da Facultade realizará a avaliación do contido do portafolios cos seguintes criterios:
- Capacidade de relación teoría-práctica
- Dominio conceptual e capacidade analítica
- Capacidade para relacionar ideas e accións
- Capacidade de argumentar e fundamentar
- Expresión escrita propia e claridade expositiva
- Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica
- Orixinalidade da proposta
40
 
Observacións avaliación


Para aprobar a materia será necesario superar cada un dos elementos da avaliación (seminarios, portafolios e práctica pedagóxica).


O alumnado que suspenda as prácticas pedagóxicas e/ou os seminarios, non superará a materia nese curso académico.


Para a segunda oportunidade de avaliación (xullo), consideraranse válidas as cualificacións das actividades que fosen superadas na primeira oportunidade.


A cualificación final será a media das puntuacións obtidas en cada unha das epígrafes. No caso de non superar a materia, a cualificación será o resultado da media das actividades suspensas.



Fontes de información
Bibliografía básica

AGUADO ODINA, T. (coord.) (2010). Diversidad e igualdad en educación. Madrid: UNED.

CARBONELL SEBARROJA, J. (2008). Una educación para mañana. Barcelona: Octaedro.

CARBONELL SEBARROJA, J. (2009). La vida escolar en un curso: cosas que no siempre se explican. Barcelona: Graó.

CASADO ROMERO, A. (2010). Aprender a ser maestro: creencias de los estudiantes de Magisterio sobre la interacción en el aula. Cuenca: Universidad de Castilla-La Mancha.

CAMPS, V. (2008). Creer en la educación. La asignatura pendiente. Barcelona: Península.

CASTELLS CUIXART, P. (2011). Tenemos que educar: ideas para acabar con la crisis de autoridad y la mala educación. Barcelona: Península.

DOMENECH, J. y GUERRERO, J. (2005). Miradas a la educación que queremos. Barcelona: Graó.

ESCUDERO PEREZ, J. y MARTINEZ TEN, L. (Coord.) (2011). Ochenta actividades para educar lúdicamente en valores y ciudadanía. Madrid: Los Libros de la Catarata.

ESTEVE, O., MELLEF, K. y ANSINA, A. (Coord.) (2010). Creando mi profesión. Una propuesta para el desarrollo profesional del profesorado. Barcelona: Octaedro.

GARCIA ARETIO, L. (2009). Claves para la educación: actores, agentes y escenarios en la sociedad actual. Madrid: UNED.

GIMENO SACRISTAN, J. (Comp.)(2006). La reforma necesaria. Entre la política educativa y la práctica escolar. Madrid: Morata.

MAÑU NOAIN, J. (2010). Docentes competentes. Por una educación de calidad. Madrid: Narcea.

ORTEGA, R. (Coord.) (2010). Agresividad injustificada, bullying y violencia escolar. Madrid: Alianza.

PEREZ SERRANO, G. (2010). Aprender a convivir: el conflicto como oportunidad de crecimiento. Madrid: Narcea.

RODICIO-GARCÍA, M.L. e IGLESIAS-CORTIZAS, M.J. (2011). El acoso escolar. Diagnóstico y prevención. Madrid: Biblioteca Nueva.

RODRIGUEZ JARES, X. (2006). Aprender a convivir. Vigo: Xerais.

SANCHO GARGALLO, M. et al. (2007). Nuevos retos para convivir en las aulas: construyendo la escuela cívica. Madrid: Fundación Europea Sociedad y Educación.

SEGOVIA GARCIA, N. (2006). Aplicación de las TIC a la docencia. Usos prácticos de las nuevas tecnologías. Vigo: Ideas Propias.

SUBIRATS, M. y TOME, A. (2007). Balones fuera: reconstruir los espacios desde la coeducación. Barcelona: Octaedro.

Bibliografía complementaria

CANTÓN MAYO, I. (Coord.) (2009). Narraciones de la Escuela. Barcelona: Editorial Davinci.

CANTÓN MAYO, I. (Coord.) (2010). Narraciones de maestros. Barcelona: Editorial Davinci.

DIEZ NAVARRO, C. (2003). El piso de abajo de la escuela. Barcelona: Graó.

McCOURT, F. (2005). El profesor. Madrid: Maeva.

PENNAC C. (2008). Mal de escuela. Barcelona: Mondadori.

TONUCCI, F. (1994). Con ojos de niño. Barcelona: Barcanova (6ª ed.).

TONUCCI, F. (1988). Niño se nace. Barcelona: Barcanova (2ª ed.).

TONUCCI, F. (1989). Cómo ser niño. Barcelona: Barcanova.

TONUCCI, F. (1993). La soledad de los niños. Barcelona: Barcanova.

TONUCCI, F. (2003). Cuando los niños dicen ¡Basta! Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías