Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Metodoloxía da Investigación en Xerontoloxía Código 653491004
Titulación
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Medicina
Coordinación
Millan Calenti, Jose Carlos
Correo electrónico
jose.millan.calenti@udc.es
Profesorado
Maseda Rodríguez, Ana Belén
Millan Calenti, Jose Carlos
Correo electrónico
ana.maseda@udc.es
jose.millan.calenti@udc.es
Web http://http://gerontologia.udc.es
Descrición xeral Esta materia abordará a metodoloxía da investigación aplicada á xerontoloxía para poder resolver problemas do campo, obtendo resultados válidos e fiables. Preténdese introducir ao alumno nas bases metodolóxicas para realizar e publicar traballos científicos. Comprenderá 2 partes principais, a investigación (metodoloxía e manexo de instrumentos, técnicas, deseño, etc.) e a documentación (artigos, presentación e redacción de traballos, citas bibliográficas, etc.).

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A5 Saber realizar procuras en bases de datos científicas, así como aplicar os resultados das mesmas na consecución de proxectos de investigación.
A6 Adquirir as competencias necesarias para aplicar o método científico no desenvolvemento de proxectos.
A7 Ter os coñecementos suficientes para incorporarse como investigador en actividades de I+D+i.
A8 Coñecer as diferentes convocatorias públicas e privadas para a consecución de financiamento e estar en condicións de elaborar un proxecto.
A9 Incorporarse como xestor de proxectos a entidades de I+D+i.
A10 Saber analizar os resultados obtidos na actividade profesional a fin de poder integralos en liñas de investigación e dentro delas, en proxectos do eido da Xerontoloxía e a Xeriatría.
A11 Saber difundir os resultados obtidos na actividade asistencial a través das diferentes fontes de información xerontolóxicas e xeriátricas.
B5 Ser capaz de aplicar o método científico.
B6 Ser capaz de incorporarse a calquera equipo de I+D+i.
B7 Estar en disposición de realizar actividades asistenciais e investigadoras de xeito integral nos campos social, sanitario e sociosanitario.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Comprender os aspectos metodolóxicos a seguir na formulación e desenvolvemento da investigación en xerontoloxía. AI3
BI1
Aplicar dito coñecemento na investigación en xerontoloxía, utilización de técnicas estatísticas, deseño de experimentos, etc. AI1
AI2
BI1
Razonar científicamente traballos da área de xerontoloxía, sendo capaces de discutir a información, interactuar e sacar conclusións, presentando informes e traballos concluíntes. AI2
AI3
BI1
BI2
Comunicar de forma científica, coñecementos da área de xerontoloxía en todos os eidos, docentes, sociais, de investigación, de forma escrita, oral ou visual en artigos científicos, seminarios, congresos, relatorios, clases maxistrais. AI1
AI2
AI3
AM1
AM2
BI1
BI2
Desenvolver habilidades de aprendizaxe para emprender estudos e investigacións na área da xerontoloxía, con capacidade para deseñar e estruturar un traballo de investigación. AI3
AI4
AI5
BM1

Contidos
Temas Subtemas
PARTE I. Documentación en Xerontoloxía. Formas de comunicación científica TEMA 1. O artigo científico
1.1 Como escribir un artigo científico
1.2 Estilo Vancouver/APA
1.3 Recomendacións xerais para a publicación de orixinais
1.4 Requisitos comúns das revistas biomédicas
1.5 Referencias bibliográficas
1.6 Citas electrónicas
TEMA 2. Documentación científica
2.1 Tipos de documentación científica
2.2 Factor de impacto
2.3 Bases de datos e revistas electrónicas
2.4 Internet
TEMA 3. Outras formas de diseminación da investigación
3.1 Presentación de resultados: relatorios e pósteres en eventos científicos. Comunicación oral e/ou escrita
3.2 Técnicas e habilidades de presentación de resultados
PARTE II. A investigación en Xerontoloxía TEMA 4. A INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA
4.1 Conceptos e fundamentos
4.2 Informes propios: Caracterización e soportes. Caderno de laboratorio. Informes. Rexistro de material
4.3 Metodoloxía científica
4.4 Epidemioloxía
4.5 Tipos de investigación
4.6 Técnicas para a recollida de datos
4.7 Tamaño da mostra
TEMA 5. Deseño da investigación
5.1 Etapas do traballo científico: Identificación do problema, formulación de hipóteses
5.2 Variables e probas estatísticas para a análise dunha investigación
5.3 Determinación de factores de risco da enfermidade
5.4 A investigación en Xerontoloxía
5.5 O doutoramento
5.6 Financiamento de proxectos

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 36 24.0012 60.0012
Discusión dirixida 4 14 18
Presentación oral 8 24 32
Seminario 5 0.2 5.2
Solución de problemas 4 6 10
Proba de resposta múltiple 2 2.8 4.8
Proba obxectiva 3 15 18
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda cando poden estar coordinados por un moderador.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensinanza-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que soamente unha delas é válida.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigurosamente, que permite avaliar coñecementos,
capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construir cun so tipo de algunha destas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Solución de problemas
Sesión maxistral
Descrición
Axuda na solución de problemas formulados polas distintas actividades, aclaración da comprensión da temática da materia...

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Sobre os traballos realizados no curso. Terase en conta cun 40% da nota da materia a realización do traballo escrito. Valorarase a organización e información, pronunciación e entonación, vocabulario, dominio do tema e claridade de ideas. 55
Proba de resposta múltiple O alumno deberá realizar obrigatoriamente exercicios relacionados coa docencia impartida no curso. 10
Proba obxectiva Farase un exame global da materia. 30
Sesión maxistral O alumno deberá asistir ás clases e seminarios propostos. En caso de que o alumno teña máis de 3 faltas, deberá facer un traballo de investigación máis extenso: < 3 faltas- 20 citas; 4- 6 faltas: 40-citas; 7-9 faltas: 60 citas; >10 faltas: 80 citas. Darase un 5% da nota final a aqueles alumnos con 3 ou menos faltas. 5
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

-American Psychological Association (2006). Manual de estilo de publicaciones de la APA (adaptado para el español). México: El Manual Moderno.

-Burgos Rodríguez, R. (1998). Metodología de investigación y escritura científica en clínica. Granada: Escuela Andaluza de Salud Pública.

-Carrasco, J.L. (1995). El método estadístico en la investigación médica. Madrid: Ciencia 3.

-Domenech, J.M. (1999). Métodos estadísticos en ciencias de la salud. Barcelona: Signo.

-García Roldán, J.L. (1995). Cómo elaborar un proyecto de investigación. Alicante: Universidad de Alicante.

-Hulley, S.B. &amp; Cummings, S.R. (1993). Diseño de la investigación clínica-un enfoque epidemiológico. Barcelona: Doyma.

- Lodeiros Seijo, C. (2002).
Manual práctico para la redacción y crítica de un artículo científico. Venezuela: Ediciones UDO / Fundacite Anzoategui.

-Millán Calenti, J.C. (2006). Principios de Gerontología y Geriatría. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.

-Mira, J.J., Gómez, J., Aranaz, J. &amp; Pérez, E. (1998). Auditoría de historias clínicas: ¿cuál es el tamaño adecuado de la muestra? Todo Hospital, 140: 58-64.

-Pita, S. (actualizado el 29 de marzo de 2009). Metodología de la investigación. Disponible en:
http://www.fisterra.com/mbe/investiga/index.asp

-Rius, F. &amp; Barón, F.J. (2005). Bioestadística. Madrid: Thomson.

-Sentís, J., Pardell, H., Cobo, E. &amp; Canela, J. (2003). Manual de bioestadística (3ª ed.). Barcelona: Masson.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Traballo Fin de Mestrado/653491014
O proxecto de investigación en Xerontoloxía/653491016

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

É recomendable o coñecemento de inglés técnico debido a que se precisará ler artigos e traballos científicos en inglés.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías