Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Recursos Informáticos de Apoio á Investigación Código 653862205
Titulación
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Medicina
Coordinación
Pereira Loureiro, Javier
Correo electrónico
javier.pereira@udc.es
Profesorado
Canosa Domínguez, Nereida María
Pereira Loureiro, Javier
Correo electrónico
nereida.canosa@udc.es
javier.pereira@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral Nesta materia o alumno adquirirá os coñecementos necesarios para ser un usuario experto na utilización das principais ferramentas software de propósito xeral necesarias para a investigación actual. Debe estar familiarizado co manexo correcto do programa Word, xeración de PDFs, recuperación de contidos multimedia desde as distintas fontes accesibles no eido da investigación: imaxe dixital, son dixital e vídeos de Internet, imaxe de cámaras dixitais, conversión de formatos de imaxe e vídeo, etc. Ademais debe ser capaz de manexar adecuadamente os recursos bibliográficos na rede, acceso a bases de datos, revistas de texto completo e blogs de intercambio de información

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A5 Adquirir o coñecemento da realidade investigadora nun ámbito concreto das ciencias da saúde.
B2 Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita.
B3 Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora.
B5 Habilidade para manexar distintas fontes de información.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer os métodos habituais para dar difusión dos resultados de investigación e a comunicación científica así como buscar información do ámbito científico de traballo AM5
BM2
BM5
CM3
Manexar as ferramentas informáticas necesarias para unha correcta presentación dos traballos científicos BM2
BM5
CM3
Saber adaptar de forma óptima os contidos multimedia para a presentación dos traballos científicos BM2
BM3
CM3
Coñecer as bases de datos científicas e recursos dispoñibles a través da biblioteca da UDC AM5
BM5
CM3

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Edición avanzada de documentos científicos Estilos. Seccións. Referencias cruzadas. Táboas de contido. Índice de figuras e táboas. O xestor bibliográfico.
Tema 2. Contidos multimedia Formatos de imaxe e vídeo interactivos. Conversión de formatos gráficos. Obtención de imaxes: descarga da rede, acceso a recursos gráficos docentes on-line. Coleccións de imaxes. O escáner e as súas características. A resolución de dixitalización. O OCR. Conversión de imaxes en textos. Os ficheiros de son. Edición básica de sons. Trascripción de conversas automáticas. Uso adecuado e óptimo dos recursos multimedia dixitais. Descarga de vídeos de Youtube. Edición de vídeo con Windows Movie Maker.
Tema 3. Os recursos da biblioteca da Facultade de Ciencias da saúde. Busca de información a través de Internet para Ciencias da Saúde. Acceso a bases de datos científicas. As publicacións on-line. Aplicacións de rexistro e xestión de citas bibliográficas. Exportación e conversión entre diferentes formatos de referencias bibliográficos. Listado de categorias (subjets) del Journal Citation Reports. Bases de datos electrónicas da biblioteca da UDC. Emprego de Refworks
Tema 4. Web 2.0 e Google APS Plataforma de traballo colaborativo Google Apps. Google docs. Os Blogs: Creación e mantemento.
PRÁCTICAS Exercicios para a avaliación
Exercicio 01. Emprego avanzado de Word Emprego de estilos, tablas de contidos, referencias cruzadas, o xestor bibliográfico de Word
Exercicio 02. Publicación en revista científica Formatear texto científico segundo as especificacións dunha publicación de impacto. Publicar un traballo empregando a plataforma Scholar One
Exercicio 03. Práctica JCR (Journal Citation Index). Seleccionar tres revistas de interese para o alumno e 6 artigos entre as publicacións seleccionadas en importalas na ferramenta RefWorks para exportalas nun formato específico
Exercicio 04. Prácticas con Google Apps Crear un documento de traballo entre toda a clase empregando Google docs. O documento debe ter imaxes de Internet, imaxes da cámara de fotos e transcripcións de entrevistas.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC 13 39 52
Traballos tutelados 7 3 10
Proba obxectiva 1 10 11
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC As prácticas levaranse a cabo no laboratorio de radioloxía do segundo andar da Facultade. Empregaranse principalmente aplicación de software libre e o paquete office
Traballos tutelados Para cada tema de interesa o alumno deberá facer un traballo seguindo as especificacións e calendario descrito na plataforma Moodle
Proba obxectiva Examen sobre os contidos teóricos da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
Intentarase traballar as ferramentas de interese para cada ámbito de traballo do alumno, especialemnte no referente oas grupos do JCR e do Web 2.0

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC Realizaranse prácticas no laboratorio de Radioloxía e Accesibilidade do segundo andar da Facultade. Estas prácticas estan baseadas na plataforma Moodle 20
Traballos tutelados Realizaranse traballos ao longo do curso. As especificacións, cronogramas e entrega farase a través da plataforma Moodle 50
Proba obxectiva Examen sobre os contidos teóricos. O examen é opcional para os alumnos que asistan as prácticas e entreguen os traballos nos plazos establecidos. A súa ponderación repartirase entre as outras dúas metodoloxías. É obligatorio para os alumnos que nos asistan as clases 30
 
Observacións avaliación
<p> Será necesario superar ao menos con 50% cada proba para superar a materia.</p><div>O examen no é necesario para os alumnos que asistan ás clases e entreguen as prácticas en tempo. O peso desta proba repartirase entre as outras dúas probas de avaliación.</div>

Fontes de información
Bibliografía básica Microsoft (2011). Cree películas con Windows Movie Maker. Pagina Windows Movie Maker - http://www.microsoft.com/spain/windowsxp/using/moviemaker/default.mspx
Gustavo Sánchez Muñoz (2011). Imagen digital 4.0. http://www.gusgsm.com/
Equipo Adacity (2011). Manual de usuario de Audacity. Web oficial de Audacity - http://audacity.sourceforge.net/
Grover, Chris (2007). Manual fundamental de Word 2007 . Madrid : Anaya Multimedia
Equipo GIMP (2011). The GIMP - Manual del usuario. Foro oficial de GIMP - http://www.gimp.org.es
Refworks (2011). Usuario de RefWorks Guía de inicio rápido VERSIÓN 5.0. http://www.refworks.com/content/documents/RefWorks_Quick_Start_Guide_Spanish_Galego.pdf
UDC (2011). Web de la biblioteca de la UDC. A Coruña : Universidade da Coruña. (http://www.udc.es/biblioteca)
Martos Rubio, Ana (2007). Word 2007 . Madrid : Anaya

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

   As clases serán no Laboratorio de Radioloxía e Accesibilidade no 2º Andar da Facultade. A asistencia e entrega de prácticas seguindo o calendario exime do exame.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías