Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Estatística Aplicada a Ciencias da Saúde Código 653862206
Titulación
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Cao Abad, Ricardo
Correo electrónico
ricardo.cao@udc.es
Profesorado
Cao Abad, Ricardo
Correo electrónico
ricardo.cao@udc.es
Web http://dm.udc.es/profesores/ricardo
Descrición xeral Estatística aplicada ás ciencias da saúde
Obxectivos da materia: Coñecer as técnicas estatísticas básicas para a análise de datos procedentes das ciencias da saúde, identificar o ámbito de aplicación de cada unha, comprender as hipóteses estructuráis requeridas polos distintos modelos e diagnosticar o posible incumplimento das mesmas.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Capacidade para elixir e aplicar as metodoloxías de investigación mais adecuadas á investigación proposta.
A2 Capacidade para o deseño experimental e o completo desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito sanitario, desde a formulación da hipótese de investigación ata a comunicación dos resultados.
A4 Obter un substrato teórico suficiente para comprender o entorno clínico de aplicación das técnicas de investigación.
B1 Capacidade para aplicar o método científico na planificación e o desenvolvemento da investigación sanitaria.
B3 Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora.
B4 Capacidade de análise e de síntese.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer as técnicas estatísticas básicas para a análise de datos procedentes das ciencias da saúde, identificar o ámbito de aplicación de cada unha, comprender as hipóteses estruturais requiridas polos distintos modelos e diagnosticar o posible incumprimento das mesmas. AM1
AM2
AM4
BM1
BM3
BM4
CM3
CM4
CM6
CM8

Contidos
Temas Subtemas
CLASES TEÓRICAS
T1. Introdución á Estatística: conceptos básicos.
T2. Contrastes de hipóteses e intervalos de confianza.
T3. Regresión linear simple e múltiple.
T4. Regresión loxística.
T5. Introdución á análise de supervivencia.
T6. Modelo de Cox.
CLASES PRÁCTICAS-SEMINARIOS
Análise de supostos prácticos coa axuda dos paquetes estatísticos SPSS e R.
Os alumnos impartirán seminarios nos que desenvolverán e comentarán un suposto
práctico no que terán que propor un plan de mostraxe, obter os datos correspondentes e
analizalos, mediante un dos paquetes estatísticos usados no curso, facendo uso dalgunha
das técnicas expostas nas clases teóricas.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 10 20 30
Prácticas de laboratorio 10 10 20
Estudo de casos 1 8 9
Proba de resposta múltiple 1 8 9
Presentación oral 1 4 5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas.
Prácticas de laboratorio Prácticas en ordenador con software estatístico.
Estudo de casos Supostos prácticos. Analises de datos.
Proba de resposta múltiple Proba dos conceptos teóricos impartidos.
Presentación oral Seminarios impartidos polos alumnos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de resposta múltiple
Estudo de casos
Prácticas de laboratorio
Presentación oral
Descrición
Asistencia e participación nas clases teóricas.
Exame escrito de múltiple opción.
Participación en prácticas e seminarios.
Suposto práctico a realizar polo alumno.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple Proba breve na que se avalían os conceptos teóricos da materia. 30
Estudo de casos Traballo de personal de modelización e análise de datos. 20
Prácticas de laboratorio Realización de prácticas de análise de datos. 20
Presentación oral Presentación do suposto práctico realizado polo alumno. 30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario obter unha calificación de alomenos 5 sobre 10 no conxunto da materia.

Na
oportunidade de xullo os alumnos poderán liberarse de facer as probas
correspondentes nas que a súa calificación na
oportunidade de xaneiro fora de alomenos 4 sobre 10.

Para obter a calificación de NON PRESENTADO na primeira oportunidade (xaneiro-febreiro), os alumnos non se
poderán ter presentado a ningunha das probas avaliables que figuran
arriba.
Para obter a calificación de NON PRESENTADO en xullo, os alumnos non se
poderán ter presentado ó exame final desa data.


Fontes de información
Bibliografía básica Ricardo Cao, Mario Francisco, Salvador Naya, Manuel Presedo, Margarita Vázquez, José A. Vilar e Juan (2001). Introducción a la Estadística y sus Aplicaciones. Ediciones Pirámide
Juan M. Vilar Fernández (2006). Modelos Estadísticos Aplicados. Publicacións da UDC
Woolson, R. F.; Clarke, W. R (2002). Statistical Methods for the Analysis of Biomedical Data. Wiley
Dupont, W. D. (2002). Statistical Modeling for Biomedical Researchers. Cambridge University Press

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías