Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Intervención na Dependencia Código 653862219
Titulación
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia
Medicina
Coordinación
Santos del Riego, Sergio Eduardo
Correo electrónico
sergio.santos.delriego@udc.es
Profesorado
Santos del Riego, Sergio Eduardo
Correo electrónico
sergio.santos.delriego@udc.es
Web http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm
Descrición xeral INTERVENCIÓN NA DEPENDENCIA

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Capacidade para elixir e aplicar as metodoloxías de investigación mais adecuadas á investigación proposta.
A2 Capacidade para o deseño experimental e o completo desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito sanitario, desde a formulación da hipótese de investigación ata a comunicación dos resultados.
A3 Adquirir un sentido ético da investigación sanitaria.
A4 Obter un substrato teórico suficiente para comprender o entorno clínico de aplicación das técnicas de investigación.
A5 Adquirir o coñecemento da realidade investigadora nun ámbito concreto das ciencias da saúde.
B1 Capacidade para aplicar o método científico na planificación e o desenvolvemento da investigación sanitaria.
B2 Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita.
B3 Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora.
B4 Capacidade de análise e de síntese.
B5 Habilidade para manexar distintas fontes de información.
B6 Capacidade para traballar de forma colaborativa en equipos multi e interdisciplinar.
B7 Capacidade de establecer unha relación de empatía cos suxeitos implicados no desenvolvemento da actividade investigadora.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
OIND1.- Coñecer e comprender a función (dis), a actividade e a participación de calquera persoa integrada na sociedade. AM4
BM5
BM6
CM1
CM4
CM7
CM8
OIND2.- Coñecer, comprender e facilitar a reflexión sobre como integrar no medio profesional e investigador a Clasificación Internacional do Funcionamento (CIF). AM4
AM5
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
CM1
CM4
CM7
OIND3.- Coñecer e comprender a legalidade vixente en materia de promoción de autonomía persoal e intervención na dependencia cunha perspectiva investigadora. AM5
BM2
BM3
CM1
CM6
CM7
CM8
OIND4.- Coñecer, comprender e investigar as alteracións da función de diversa orixe do suxeito dependente. AM1
AM2
AM3
AM4
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
CM1
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
OIND5.- Coñecer, comprender e facilitar reflexión preinvestigación sobre como integrar a adaptación funcional da persoa na contorna. AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
BM1
BM2
BM3
BM5
BM6
CM1
CM3
CM4
CM6
CM7
CM8
OIND6.- Coñecer e comprender os sistemas RUG. AM4
AM5
CM6
CM8
OIND7.- Aplicar os coñecementos na investigación favorecendo o desenvolvemento da lei de promoción de autonomía persoal e atención a persoas en situación de dependencia. AM4
AM5
BM1
BM2
BM7
CM1
CM6
CM8
OIND8.- Integrar os coñecementos sobre o Funcionamento e a Dependencia no medio investigador sanitario e socio-sanitario. AM4
AM5
BM1
BM3
CM1
CM6
CM8
OIND9.- Comunicar os coñecementos sobre estas materias no ámbito investigador ao público, en xeral, e ao público especializado, en particular. BM2
BM5
BM6
BM7
CM1
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
OIND10.- Fomentar a participación no desenvolvemento desta lei dos profesionais de Saúde, Función e Calidade de Vida e a promoción da investigación, tales como terapeutas ocupacionais, logopedas, fisioterapeutas, enfermeiros e especialistas en Medicina Física e Rehabilitación, entre outros. CM1
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
CLASES TEÓRICAS

Horario: Segundo cuadrimestre, VER CRONOGRAMA..

Programa:
Actividades presenciais teórico-prácticas. Temas (T)
T1.- Introdución e bases conceptuais do Funcionamento/Dependencia. Perspectiva investigadora.
Santos del Riego, Sergio
2 horas teóricas
Lugar de Impartición: A Coruña, Campus de Oza da Universidade da Coruña, Facultade de Ciencias da Saúde.
Presentación.
Función e Capacidade funcional. Promoción da Autonomía Persoal. Prevención. Dependencia e as súas implicacións psicofísicas e sociais.

T2.- Desde o Déficit, a Discapacidade e a Minusvalía ata a Función, a Actividade e a Participación. Perspectiva investigadora.
Miguens Vázquez, Xoan
4 horas: 2 horas teóricas e 2 horas prácticas
Lugar de Impartición: A Coruña, Campus de Oza da Universidade dá Coruña, Facultade de Ciencias da Saúde.
Desenvolvemento e aplicación da clasificación internacional do funcionamento, da discapacidade e a Saúde no medio profesional.

T3.- Autonomía Persoal versus In/dependencia. Perspectiva investigadora.
Miguens Vázquez, Xoan
4 horas: 2 horas teóricas e 2 horas prácticas
Lugar de Impartición: A Coruña, Campus de Oza da Universidade da Coruña, Facultade de Ciencias da Saúde.
Conceptos e desenvolvemento da autonomía persoal e da in/dependencia do ser humano como ser físico, endo-psíquico e psico-social. Implicacións físicas e psico-sociais da persoa coa diversidade funcional dependente.

T4.- Marco legal da dependencia en Europa e España. Perspectiva investigadora.
Santos del Riego, Sergio
2 horas teóricas
Lugar de Impartición: A Coruña, Campus de Oza da Universidade da Coruña, Facultade de Ciencias da Saúde.
A dependencia en Europa. Análise da lexislación europea. Proxecto de lei de dependencia. Análise e implementación na sociedade española.

T5.- Incapacidade funcional e adaptación funcional ao medio. Perspectiva investigadora.
Miguens Vázquez, Xoan.
4 horas: 2 horas teóricas 2 horas de práctica.
Lugar de Impartición: A Coruña, Campus de Oza da Universidade da Coruña, Facultade de Ciencias da Saúde.
O axuste razoable da persoa con alteración da participación social. Accesibilidade e adaptación funcional ao contorno.

T6.- Valoración funcional en Rehabilitación co perspectiva investigadora (I)
Miguens Vázquez, Xoan
2 horas teóricas.
Lugar de Impartición: A Coruña, Campus de Oza da Universidade da Coruña, Facultade de Ciencias da Saúde.
Valoración funcional en Rehabilitación do neno e do adulto novo.

T7.- Valoración funcional en Rehabilitación co perspectiva investigadora (II)
Miguens Vázquez, Xoan.
2 horas teóricas
Lugar de Impartición: A Coruña, Campus de Oza da Universidade da Coruña, Facultade de Ciencias da Saúde.
Valoración funcional en Rehabilitación do ancián.

T8.- Sistemas RUG.
Miguens Vázquez, Xoan.
1 hora teórica
Lugar de Impartición: A Coruña, Campus de Oza da Universidade da Coruña, Facultade de Ciencias da Saúde.
Os Grupos de Utilización de Recursos como ferramentas de clasificación dos pacientes en función de características clínicas e/ou funcionais.

T9.- Carga asistencial e necesidade de coidados da persoa dependente. Perspectiva investigadora.
Miguens Vázquez, Xoan.
1 hora teórica
Lugar de Impartición: A Coruña, Campus de Oza da Universidade da Coruña, Facultade de Ciencias da Saúde.
Carga asistencial do paciente crónico no medio hospitalario. Carga asistencial do paciente crónico no medio extrahospitalario. Coidadores.

T10.- Análise da dependencia. Perspectiva investigadora.
Miguens Vázquez, Xoan, Terapeutas Ocupacionais.
8 horas: 4 horas teóricas 4 horas de prácticas
Lugar de Impartición: A Coruña, Campus de Oza da Universidade da Coruña, Facultade de Ciencias da Saúde.
Papel dos profesionais de función e calidade de vida na atención á persoa suxeito-dependente.

Outras actividades presenciais: Titorías.
Faranse titorías para supervisar o traballo tutelado.
Titorías optativas: A demanda e previa solicitude vía email.
Titorías obrigatorias: O profesorado establecerá unha titoría obrigatoria como mínimo, individual ou en grupos.
Titorías virtuais.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 14 28 42
Portafolios do alumno 2 28 30
Actividades iniciais 1 0 1
Traballos tutelados 24 50 74
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Traballos tutelados
Descrición
Atención e seguimento individualizado, a través das titorías, do portafolios do alumno e dos traballos tutelados.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc. 30
Sesión maxistral Valorarase a participación activa do alumnado. 50
Traballos tutelados Valorarase a realización dun traballo sobre un tema proposto polo profesorado. 20
 
Observacións avaliación
1.- Examen tipo test de respuesta única que representa el 50% de la nota.
2.- Elaboración de una Memoria de la asignatura cuyo contenido es valorado en base a: adecuación del contenido a la materia impartida y capacidad crítica del alumno. Representa el 20%
3.- El 30% restante mediante evaluación continuada en forma de control de asistencia y evaluación de conceptos adquiridos, gracias a la realización de ejercicios escritos en las clases impartidas.


Fontes de información
Bibliografía básica

· Libro Blanco de la dependencia. Página web del Portal de Mayores del IMSERSO. Centros Superior de Investigaciones Científicas. [en línea] 2006 [fecha de acceso: 12 de Mayo de 2006]; Descarga de archivos (documentos): 12 capítulos, bibliografía y documentación complementaria. URL disponible en: http://www.imsersomayores.csic.es/documentacion/documentos/libro-blanco-dependencia.html

  • Proyecto de Ley de promoción de la autonomía personal y atención a las personas en situación de dependencia. Página web del Portal de Mayores del IMSERSO. Centros Superior de Investigaciones Científicas. Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales [en línea] 2006 [fecha de acceso: 12 de Mayo de 2006]; Descarga de archivos (documentos): 20. URL disponible en: http://www.seg-social.es/imserso/dependencia/pytodependencia.html
  • Bilbao-Bilbao A, Vázquez-Barquero JL. Organización Mundial de la Salud (OMS). Nueva Clasificación Internacional del Funcionamiento de la Discapacidad y de la Salud (CIF), publicación de la OMS. Instituto de Migraciones y Servicios Sociales: Madrid; 2001.
  • De Lisa J, Gans B, Currie D. Rehabilitation Medicine. Principles and Practice. Lippincott: Filadelfia, 1993
  • Miranda Mayordomo JL. Rehabilitación Médica. Aula Médica: Madrid, 2004.
  • Romero Ayuso D, Moruno Miralles P. Terapia Ocupacional: Teoría y Técnicas. Masson: Barcelona, 2003.
  • Turner A, Foster M, Johnson S E. Terapia Ocupacional y Disfunción Física: Principios, Técnicas y Práctica. Elsevier España: Madrid, 2003
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías