Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Técnicas de Manipulación e Análise de Proteínas Código 653862226
Titulación
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Medicina
Coordinación
Díaz Prado, Silvia María
Correo electrónico
s.diaz1@udc.es
Profesorado
Díaz Prado, Silvia María
Sangiao Alvarellos, Susana
Correo electrónico
s.diaz1@udc.es
susana.sangiao@udc.es
Web http://http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm
Descrición xeral Estudo das técnicas de manipulación e análise de proteínas.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Capacidade para elixir e aplicar as metodoloxías de investigación mais adecuadas á investigación proposta.
A2 Capacidade para o deseño experimental e o completo desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito sanitario, desde a formulación da hipótese de investigación ata a comunicación dos resultados.
A3 Adquirir un sentido ético da investigación sanitaria.
A4 Obter un substrato teórico suficiente para comprender o entorno clínico de aplicación das técnicas de investigación.
A5 Adquirir o coñecemento da realidade investigadora nun ámbito concreto das ciencias da saúde.
B1 Capacidade para aplicar o método científico na planificación e o desenvolvemento da investigación sanitaria.
B2 Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita.
B3 Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora.
B4 Capacidade de análise e de síntese.
B5 Habilidade para manexar distintas fontes de información.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Familiarizarse coa metodoloxía para a manipulación e análise de proteínas no laboratorio e a súa aplicación en biomedicina. AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
CM1
CM2
CM3
CM6
CM7
CM8
Coñecer as distintas metodoloxías das técnicas western-blot e ELISA e a súa aplicación na investigación biomédica. AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
CM1
CM2
CM3
CM6
CM7
CM8
Coñecer os fundamentos da técnica western-blot e a súa aplicación na investigación biomédica. AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
CM1
CM2
CM3
CM6
CM7
CM8
Familiarizarse cas técnicas de investigación en proteómica e as súas aplicacións en biomedicina. AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
CM1
CM2
CM3
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.- Introdución á as técnicas de manipulación e purificación de proteínas.
Tema 2.- Introdución á proteómica. Tipos de estudos proteómicos.
Tema 3.- Métodos de preparación de mostras e separación de proteínas.
Tema 4.- Illamento e detección de proteínas. Western-blot. ELISA.
Tema 5.- Electroforese bidimensional.
Tema 6.- Cromatografía líquida aplicada a proteómica.
Tema 7.- Espectrometría de masas aplicada á proteómica.
Tema 8.- Ferramentas bioinformáticas aplicadas á proteómica.
Tema 9.- Aplicacións da proteómica en clínica.
PRÁCTICAS:
1. Preparación de extractos proteicos a partir de mostras biolóxicas.
2. Cuantificación de proteínas nos extractos.
3. Separación de proteínas mediante SDS-PAGE.
4. Tinguidura de proteínas en xeles de poliacrilamida. Dixitalización de imaxes.
5. Dixestión de proteínas.
6. Análise mediante espectrometría de masas.
7. Emprego de ferramentas bioinformáticas e busca en bases de datos.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas 0 13.5 13.5
Prácticas de laboratorio 28 28 56
Proba de resposta múltiple 1 0 1
Sesión maxistral 13 26 39
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Lectura dun artigo científico relevante e relacionado coa materia impartida.
Prácticas de laboratorio Desenvólvense técnicas de uso actual en investigación biomédica, que complementan os coñecementos impartidos na sesión maxistral.
Proba de resposta múltiple Exame tipo test, no que cada pregunta consiste en 4 afirmacións das que só unha é correcta.
Sesión maxistral Clase teórica participativa, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resposta das preguntas formuladas polo alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Descrición
Ó tratarse dun grupo reducido de alumnos, é posible a resolución de dúbidas e o seguimento individualizado durante o mesmo proceso de aprendizaxe.
En particular, a sesión maxistral é participativa, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resposta das preguntas formuladas.
As prácticas de laboratorio son tuteladas en todo momento polo profesorado e, se é necesario, polo grupo de investigación no que se integra o alumno (desde o comezo do curso, cada alumno se integra no grupo de investigación no que vai desenvolver o seu Traballo Fin de Mestrado).

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Ó tratarse de un grupo reducido de alumnos, é posible un seguimento personalizado que facilita a avaliación continua. Terase en conta a asistencia, a participación activa e o traballo desenvolvido polo alumno. 50
Proba de resposta múltiple Exame tipo test, no que cada pregunta consiste en 4 afirmacións das que só unha é correcta. 50
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia, hai que obter globalmente un mínimo de 5 sobre
10 e, en cada metodoloxía avaliada, un mínimo de 2,5 sobre 5.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía:

· Biomedical Applications of Proteomics. Jean-Charles Sanchez, Garry L. Corthals, Denis F. Hochstrasser (2006).

· Handbook of Proteomic Methods. P. Michael Conn (2003).

· Proteins and Proteomics: A Laboratory Manual. Richard J. Simpson (2003). Cold Spring Harbor Laboratory. ISBN: 0879695544

· Introduction to Proteomics: Tools for the New Biology. D. C. Liebler (2002).

· Proteomics for Biological Discovery. Timothy D. Veenstra, John R. Yates. ISBN: 978-0-471-16005-2 (2006)

· Proteome Research - Concepts, Technology and Application. Wilkins, M.R.; Appel, R.D.; Williams, K.L.; Hochstrasser, D.F. ISBN: 978-3-540-71240-4 (2007)

Páxinas web:

· Expasy (http://www.expasy.org)

· Human Proteome Organization (HUPO) (http://www.hupo.org/)

· Swiss 2DPAGE (http://www.expasy.org/ch2d/).

· Uniprot (http://www.uniprot.org/)

· Mascot (http://www.matrixscience.com/)

Bibliografía complementaria

Bibliografía:

· Biomedical Applications of Proteomics. Jean-Charles Sanchez, Garry L. Corthals, Denis F. Hochstrasser (2006).

· Handbook of Proteomic Methods. P. Michael Conn (2003).

· Proteins and Proteomics: A Laboratory Manual. Richard J. Simpson (2003). Cold Spring Harbor Laboratory. ISBN: 0879695544

· Introduction to Proteomics: Tools for the New Biology. D. C. Liebler (2002).

· Proteomics for Biological Discovery. Timothy D. Veenstra, John R. Yates. ISBN: 978-0-471-16005-2 (2006)

· Proteome Research - Concepts, Technology and Application. Wilkins, M.R.; Appel, R.D.; Williams, K.L.; Hochstrasser, D.F. ISBN: 978-3-540-71240-4 (2007)

Páxinas web:

· Expasy (http://www.expasy.org)

· Human Proteome Organization (HUPO) (http://www.hupo.org/)

· Swiss 2DPAGE (http://www.expasy.org/ch2d/).

· Uniprot (http://www.uniprot.org/)

· Mascot (http://www.matrixscience.com/)


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

As clases teóricas se imparten nas aulas da Fundación do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC).Dirección postal: Hospital Materno Infantil Teresa Herrera, C/As Xubias S/N, 1º andar, C.P.: 15.006, A Coruña.

As clases prácticas se imparten nos laboratorios da Unidade de Investigación do CHUAC, nas instalacións do Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (INIBIC). Dirección postal: Hospital Materno Infantil Teresa Herrera, C/As Xubias S/N, andares: baixo e 2º, C.P.: 15.006, A Coruña.

Os alumnos deben asistir ás clases prácticas coa bata do laboratorio.

Os alumnos deben ter o contrasinal para acceder a Moodle e poderse descargar a información que os profesores incorporen nesta ferramenta de teleensino.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías