Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Traballo Fin de Mestrado: Fundamentos de Investigación Biomédica Código 653862231
Titulación
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Medicina
Coordinación
Fuentes Boquete, Isaac Manuel
Correo electrónico
i.fuentes@udc.es
Profesorado
Fuentes Boquete, Isaac Manuel
Correo electrónico
i.fuentes@udc.es
Web http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm
Descrición xeral Realización, presentación e defensa pública ante tribunal dun traballo ou proxecto de investigación no ámbito da investigación biomédica básica ou básico-aplicada.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Capacidade para elixir e aplicar as metodoloxías de investigación mais adecuadas á investigación proposta.
A2 Capacidade para o deseño experimental e o completo desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito sanitario, desde a formulación da hipótese de investigación ata a comunicación dos resultados.
A3 Adquirir un sentido ético da investigación sanitaria.
A4 Obter un substrato teórico suficiente para comprender o entorno clínico de aplicación das técnicas de investigación.
A5 Adquirir o coñecemento da realidade investigadora nun ámbito concreto das ciencias da saúde.
B1 Capacidade para aplicar o método científico na planificación e o desenvolvemento da investigación sanitaria.
B2 Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita.
B3 Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora.
B4 Capacidade de análise e de síntese.
B5 Habilidade para manexar distintas fontes de información.
B6 Capacidade para traballar de forma colaborativa en equipos multi e interdisciplinar.
B7 Capacidade de establecer unha relación de empatía cos suxeitos implicados no desenvolvemento da actividade investigadora.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Capacitar ó alumnado para a realización dun traballo ou proxecto de investigación no ámbito da investigación biomédica básica e básico-aplicada. AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Realización e presentación para a súa defensa pública ante tribunal dun traballo ou proxecto de investigación titorizado no ámbito da investigación biomédica básica e básico-aplicada, relacionado coa liña de investigación do grupo no que realizou a estancia formativa. As normas de realización, presentación, defensa e cualifiación do Traballo Fin de Mestrado están recollidas no REGULAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO/MESTRADO da Facultade de Ciencias da Saúde (http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm).

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados 0 170 170
Presentación oral 0.5 9.5 10
Prácticas de laboratorio 108 0 108
 
Atención personalizada 12 0 12
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Orientación e supervisión na realización e na presentación para a súa defensa pública ante comisión dun traballo ou proxecto de investigación no ámbito da investigación biomédica básica ou básico-aplicada.
Presentación oral A defensa do Traballo Fin de Mestrado será realizada por cada alumno en sesión pública, e consistirá na exposición oral do traballo ante un tribunal formado por profesorado do mestrado, no que se dará conta dos aspectos máis
relevantes da actividade realizada. O alumnado poderá axudarse dos medios
informáticos e audiovisuais que estime pertinentes. Tras a exposición, os membros do tribunal poderán formular as preguntas e solicitar as
aclaracións que consideren oportunas para poder xulgar a calidade do traballo, ás que
o alumno deberá dar resposta. Todo este proceso está regulado polo REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE MESTRADO da Facultade de Ciencias da Saúde (http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm)
Prácticas de laboratorio Os Traballos Fin de Mestrado da especialidade en Fundamentos de Investigación Biomédica esixen que o alumnado teña o coñecemento práctico das técnicas de laboratorio necesarias para a súa execución, que serán aquelas acordes coa natureza de cada Traballo Fin de Mestrado (é dicir, as técnicas de investigación do grupo no que o alumno desenvolve o seu Traballo Fin de Mestrado).

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
Orientación e supervisión na realización e na presentación para a súa defensa pública ante tribunal dun traballo ou proxecto de investigación relacionado coa liña de investigación do grupo no que realizou a estancia formativa.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados A calidade do "manuscrito" do Traballo Fin de Mestrado será avaliado por un tribunal formado por profesorado do mestado. As normas para a elaboración e entrega deste traballo, así como outros aspectos como a actuación do tribunal e o procedemento de reclamación do alumnado, están recollidos no REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE MESTRADO da Facultade de Ciencias da Saúde (http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm).
50
Presentación oral A defensa pública do Traballo Fin de Mestrado será avaliada por un tribunal formado por profesorado do mestado, que determinará a capacidade do alumnado na súa exposición e defensa pública. As normas para a realización da defensa pública, a actuación do tribunal e o procedemento de reclamación do alumnado, están recollidos no REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE MESTRADO da Facultade de Ciencias da Saúde (http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm).
50
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

As fontes de información serán as propias do ámbito científico no que se desenvolve o Traballo Fin de Mestrado de cada alumno. En particular, estas fontes de información serán principalmente artigos científicos relevantes e de actualidade e publicados en revistas con factor de impacto.

En canto ás normas de realización do Traballo Fin de Mestrado, o alumnado ten á súa disposición o REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE MESTRADO da Facultade de Ciencias da Saúde (http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm).

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías