Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Estatística Código 770G01008
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Lopez de Ullibarri Galparsoro, Ignacio
Correo electrónico
ignacio.lopezdeullibarri@udc.es
Profesorado
Garcia Magariños, Manuel
Lopez de Ullibarri Galparsoro, Ignacio
Tarrio Saavedra, Javier
Correo electrónico
manuel.garcia.magarinos@udc.es
ignacio.lopezdeullibarri@udc.es
javier.tarrio@udc.es
Web
Descrición xeral Preténdese proporcionar ó estudante os coñecementos estatísticos básicos necesarios para o futuro Enxeñeiro en Enxeñaría Electrónica. Empregarase un enfoque fundamentalmente aplicado. Neste sentido, darase prioridade á exposición intuitiva de conceptos e ós métodos aplicados sobre as demostracións matemáticas excesivamente formales.
Máis detalladamente, preténdese alcanzar os seguintes obxectivos:
1. Completar os coñecementos previos do discente sobre Estatística Descritiva (medidas de centralización e dispersión, representación gráfica de datos, etc.).
2. Introducir os conceptos de correlación e regresión para dúas variables.
3. Coñecer os conceptos básicos da Teoría da Probabilidade (probabilidade, probabilidade condicionada, variables aleatorias e as súas distribucións, etc.).
4. Introducir os conceptos fundamentais da Estatística Inferencial (estimación puntual, intervalos de confianza e contraste de hipóteses).

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A6 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que se poidan suscitar na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Describir estatísticamente unha mostra, resumila mediante táboas, gráficos e medidas descriptivas A6
Coñecer os conceptos, resultados fundamentais e aplicacións da probabilidade A6
Comprender o concepto de variable aleatoria e coñecer as principais distribucións de probabilidade A6
Utilizar métodos de Inferencia Estatística (estimación de parámetros e contraste de hipóteses) e aplicalos á toma de decisións A6
B5

Contidos
Temas Subtemas
1. Estatística descritiva dunha e varias variables.



Descrición estatística dunha variable: distribucións de frecuencias, representacións gráficas e medidas características.
Descrición estatística de varias variables: distribucións de frecuencias, representacións gráficas e medidas características.
Regresión lineal e correlación.
2. Probabilidade e probabilidade condicionada.
Conceptos xerais: espacio muestral e álxebra de sucesos.
Definición axiomática de probabilidade.
A probabilidade como límite da frecuencia relativa.
Regla de Laplace.
Definición de probabilidade condicionada.
Independencia de sucesos.
Teoremas do producto, a probabilidade total e Bayes.
3. Variables aleatorias. Concepto de variable aleatoria.
Variables aleatorias discretas e continuas
Medidas características dunha variable aleatoria.
4. Distribucións notables.

Distribucións notables discretas: distribucións de Bernoulli, binomial, xeométrica, hiperxeométrica, Poisson e uniforme.
Distribucións notables continuas: distribucións exponencial, normal, uniforme, chi-cuadrado de Pearson, t de Student e F de Fisher-Snedecor.
Aproximación entre distribucións: o teorema central do límite.

5. Introdución á inferencia estatística.
Conceptos xerais: mostraxe, estimación de parámetros e contrastes de hipóteses paramétricas.
6. Estimación de parámetros. Estimación puntual: estimación puntual da media, a varianza e unha proporción.
Estimación por intervalos de confianza: intervalos de confianza para a media, a varianza, unha proporción, e para a diferencia de dúas medias.
7. Contrastes de hipóteses paramétricas. Conceptos xerais: nivel de significación, p-valor e potencia dun contraste.
Procedemento xeral de contraste de hipóteses.
Contrastes de hipóteses para a media, a varianza, unha proporción, e para a igualdade de dúas medias.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 36.75 57.75
Solución de problemas 21 36.75 57.75
Proba de resposta múltiple 1.25 2.5 3.75
Proba obxectiva 2.5 5 7.5
Prácticas a través de TIC 9 13.5 22.5
 
Atención personalizada 0.75 0 0.75
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, coa finalidade de transmitir ó estudante os coñecementos teóricos
Solución de problemas Seminarios en grupos de tamaño intermedio destinados á resolución de exercicios e problemas
Proba de resposta múltiple Proba de tipo test realizada ó longo do curso co fin de facer un seguemento da evolución da adquisición de coñecementos polo estudante
Proba obxectiva Proba de tipo test realizada ó remate da asignatura co fin de avaliar globalmente a adquisición de coñecementos polo estudante
Prácticas a través de TIC Resolución de supostos prácticos e teóricos mediante a utilización de software estatístico (R/R Commander)

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada farase mediante titorías presenciais no despacho dos profesores

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC Exame de tipo test (5 preguntas) que avaliará o coñecemento do programa estatístico empregado nas prácticas (R/R Commander) 30
Proba de resposta múltiple Exame parcial de tipo test (10 preguntas) 20
Proba obxectiva Exame final de tipo test (20 preguntas) 50
 
Observacións avaliación

A proba de resposta múltiple (exame parcial) realizarase ó longo do curso (a título orientativo, unha vez impartido o tema 4). A proba obxectiva (exame final) abarcará os contidos de tódolos temas (temas 1 a 7). Na avaliación das Prácticas a través de TIC, sen perxuizo da nota obtida no test, o profesor poderá ter tamén en conta a asistencia regular ás prácticas durante o curso. Para superar a asignatura na avaliación correspondente á primeira oportunidade é necesario acadar unha cualificación total mínima de 50 puntos, sendo en todo caso necesaria a presentación á proba obxectiva. Quen non se presente á proba obxectiva será cualificado como 'non presentado'. No caso de que a cualificación obtida sumando a proba de resposta múltiple e a proba obxectiva sexa menor que a da proba obxectiva puntuada sobre un máximo de 70 puntos, reemplazarase aquela cualificación por esta última.

Na avaliación correspondente á segunda oportunidade farase unha proba obxectiva similar á da primeira oportunidade, que contribuirá á cualificación cun máximo de 70 puntos. Non se fará proba de resposta múltiple nin se gardará a nota obtida na primeira oportunidade nesa proba. A avaliación das Prácticas a través de TIC farase mediante un test semellante ao da primeira oportunidade, que contribuirá á cualificación cun máximo de 30 puntos. No caso de que a asistencia regular ás prácticas durante o curso se tivera en conta na primeira oportunidade, tamén será tida en conta (e co mesmo criterio) na avaliación da segunda oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Cao, R et al. (2001). Introducción a la Estadística y sus aplicaciones. Pirámide

Bibliografía complementaria Cao, R. et al. (1998). Estadística básica aplicada. Tórculo
García, A. et al. (1995). Estadística II. UNED
Vélez, R. & García, A. (1993). Principios de Inferencia Estadística. UNED
Montgomery, D. C. & Runger, G. C. (2004). Probabilidad y Estadística aplicadas a la Ingeniería. Limusa-Wiley
Canavos, G. C. (1998). Probabilidad y Estadística. Aplicaciones y métodos. McGraw-Hill

Recursos web:

Portal do programa R: http://www.r-project.org/

Direccións desde donde se poden descargar manuais en castelán de R e/ou R Commander no formato 'pdf':

http://cran.r-project.org/doc/contrib/Saez-Castillo-RRCmdrv21.pdf

http://knuth.uca.es/repos/ebrcmdr/pdf/actual/ebrcmdr.pdf


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías