Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Análise de fontes documentais As fontes documentais serán a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se abordarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. Utilizaranse documentos audiovisuais e bibliográficas relevantes sobre a materia con actividades específicas deseñadas para a análise dos mesmos.
Discusión dirixida Mediante esta dinámica abordaranse diversas temáticas orientadas a que o alumando reflexione sobre a importancia da inclusión da diversidade, atendendo aos múltiples factores que inciden no desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade educativa.
Estudo de casos As actividades de estudio de caso versarán sobre a presentación de situacións centradas no ámbito educativo para a súa análise dende a óptica da intervención dos profesionais da logopedia de maneira integrada cos demais profesionais que desenvolven a súa labor no contexto educativo.
Traballos tutelados En torno aos diferentes temas proporase a realización de pequenos traballos de grupo que se iniciarán na aula e que logo deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos. Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos.
Proba de ensaio A proba de ensaio constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá dar resposta a unha ou varias cuestións interrelacionadas facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados en torno ás diferentes dinámicas de traballo ao longo da materia.