Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba de ensaio A proba de ensaio consistirá no desenvolvemento dunha ou varias cuestións interrelacionadas que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 50
Traballos tutelados En relación cos traballos tutelados valorarase:
A profundidade do contido.
O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
A presentación e a claridade da exposición.
30
Estudo de casos En relación cos estudos de caso valorarase:
A comprensión da situación presentada considerando a diversidade e complexidade dos factores que inciden no ámbito educativo.
A profundidade de análise atendendo ao marco teórico traballado na materia.
O valor de síntese e da adecuación das propostas de acción e intervención como resposta á situación presentada.
20
 
Observacións avaliación
A avaliación contempla duas opcións: alumnado asistente (opción A) e alumnado non asistente (opción B)

------------------------------------------------------------------------------
Opción A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de clase (85% de asistencia presencial):

a) Elaboración dun cartafol cos traballos de cada grupo no que se recollerán as prácticas que se desenvolvan na aula así como aquelas actividades relacionadas coa lectura e análise de materiais diversos presentados en clase (20%).

b) Traballo dunha obra individual (30%)

b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (50%).

Para ter apto na materia é imprescindible ter aprobadas as tres probas a avaliar

-------------------------------------------------------------------------------
Opción B. Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase ( 85% de faltas de asistencia):


a)Exame escrito sobre os contidos da materia (65%).
b) traballo individual sobre unha obra de referencia curricular marcada pola profesora (35%)

Para ter apto na materia é imprescindible ter aprobadas as duas probas a avaliar