Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Os alumnos/as utilizarán documentos bibliográficos proporcionados polo/a profesor/a para ampliar os seus coñecementos sobre a materia.
Prácticas de laboratorio Consistirán no deseño de actividades destinadas á ensinanza da lingua castelá en Educación Primaria a partir dunha selección de textos proporcionados polo/a profesor/a.
Sesión maxistral As exposicións orais do profesorado servirán como guía da materia.
Proba obxectiva Con esta proba preténdese determinar, de xeito obxectivo, tanto os coñecementos adquiridos polo alumno/a durante o curso como a súa competencia en expresión escrita en lingua castelá, a súa capacidade de relación e a súa madurez crítica.