Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Esta metodoloxía empregarase para presentar o plano de traballo da asignatura, introducir e/ou expoñer os contidos básicos de cada un dos temas da guía docente, formular cuestións para afondar neles e proporcionarlle ao estudantado orientacións para a elaboración das actividades e traballos solicitados.
Discusión dirixida Mediante esta medotoloxía búscase analizar e poñer en común parte dos contidos traballados na asignatura, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade educativa. Estes debates realizaranse a partir do contido das fontes seleccionadas como material de traballo obrigatorio. Con carácter xeral, ese material deberá ser preparado fóra do horario de clase.
Traballos tutelados Esta metodoloxía está orientada á realización, en pequeno grupo, dun traballo escrito, seguindo as orientacións dadas. Este traballo iniciarase na aula e completarase mediante o traballo autónomo do alumnado. Deberá ser presentado oralmente na aula. Implicará a análise e relación de contidos da documentación básica e complementaria. O estudantado non asistente realizará un traballo diferente ao que realizan os asistentes, tomando como base a mesma documentación e entregarao e presentarao antes de finalizar as clases do cuadrimestre nunha titoría acordada coa docente.
Proba mixta A proba mixta consistirá nun exame, sen material, composto por preguntas de resposta breve e preguntas de desenvolvemento. Pode requirirse, ademais, a realización dun esquema ou mapa conceptual. Esta proba será a mesma para alumnado asistente e non asistente.