Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Para avaliar os traballos teranse en conta os seguintes aspectos:

ELABORACIÓN:
- Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, relación dos contidos extraídos de distintas fontes e uso das fontes básicas e complementarias propostas.

EXPOSICIÓN:
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (implica que reflicte un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
40
Proba mixta A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados na materia ao longo do cuadrimestre.

Nela especificarase o peso de cada pregunta.

Nas preguntas de resposta breve terase en conta a pertinencia e precisión da resposta, a claridade conceptual e a corrección gramatical.

Nas preguntas de desenvolvemento terase en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva e a corrección gramatical.
60
 
Observacións avaliación

A avaliación contempla dúas
opcións:



Opción A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de clase
(asistencia mínima do 80%):

a) Elaboración e presentación na aula dun traballo realizado en pequeno grupo (40%).

b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (60%).

Opción B. Para o alumnado que non
asiste/participa nas actividades de clase (asistencia inferior ao 80%):

a) Elaboración e presentación do traballo nunha titoría (40%).

b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (60%).

- Para superar a materia é
necesario obter unha puntuación do 50% do peso de
cada unha das partes obxecto de avaliación (traballo tutelado e proba mixta).