Metodoloxías Descrición
Foro virtual Participación nunha rede social da materia, onde os estudantes proporán foros e participarán neles.
Lecturas Material escrito que se lle propoñerá ós estudantes para coñecer diferentes cuestións do temario.

Prácticas a través de TIC Presentación e traballo sobre diferentes ferramentas das novas tecnoloxía, baseadas en internet, na pizarra dixital, etc.
Os estudantes deberán familiarizarse con estes recursos, e pode que algúns dos traballos a realizar sexan baseados nalgunhas destas ferramentas.
Prácticas de laboratorio Traballo na aula, en grupos reducidos ou de forma individual sobre aspectos concretos dos diferentes temas, seguindo guións máis ou menos abertos, e coa axuda de materiais.

Presentación oral Exposición na aula dos traballos realizados en equipo por cada un dos membros do grupo.
Proba mixta Proba escrita (exame) onde combinaranse preguntas abertas e pechadas. En principio referirase o exame final da materia, aínda que pode haber outras probas ó longo do curso.
Sesión maxistral Exposición dos distintos contidos da materia por parte do profesor, buscando presentar a información, motivar o estudo e o traballo e a participación do alumnado.
Traballos tutelados Propoñeranse varios traballos relacionados con algún ou algúns dos temas ou contidos da materia. Serán realizados en equipo ou de forma individual.