Descrición xeral |
A asignatura “Novas Perspectivas da Química de Coordinación” ten como obxectivo xeral proporcionar ao alumno unha formación avanzada no campo da Química da Coordinación dirixida a unha especialización de carácter investigador. O curso pretende proporcionar unha visión xeral das novas tendencias na Química de Coordinación moderna, con especial énfase no deseño de ligandos, a determinación estructural e a relación entre a estructura e as propiedades dos compostos de coordinación. Fomentarase tamén o manexo da bibliografía científica especializada dentro do campo da química, e especialmente da química inorgánica.
Esta asignatura forma parte posgrao en Química Ambiental e Fundamental, que ten como obxectivo xeral formar especialistas competentes en Química, con posíbeis orientacións cara o medio ambiente, a síntese e caracterización de novos compostos químicos, productos e materiais, etc., que poidan abordar e resolver os problemas que demandan a industria, a administración e a sociedade en xeral, impulsando a investigación, o desenvolvemento e máis innovación científico-tecnolóxica, tanto nos niveis fundamental como aplicado. |