Descrición xeral |
A materia está orientada ao traballo práctico, activo e vivencial, de cara a descubrir e comprender o contorno, o medio galego, como un recurso didáctico e como unha fonte versátil de aprendizaxe e de transposición de coñecementos.
Trabállase sobre contidos do currículo da Educación Primaria, en temas e aspectos concretos da realidade xeográfica e histórica galega, a fin de coñecer, deseñar, experimentar, e aplicar a metodoloxía didáctica que se precisa para o ensino do medio nesta etapa.
A metodoloxía a seguir está fundamentada na participación activa do alumnado nas actividades que se realizan e que conforman o núcleo da materia. A mesma dinámica do curso irá definindo os centros de interese do alumnado que irán conformando a materia dende a súa estrutura xeral. |