Datos Identificativos | 2014/15 | ||||||||||||||
Asignatura (*) | EXPRESION GRAFICA | Código | 730G03002 | ||||||||||||
Titulación |
|
||||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | ||||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | |||||||||||
Idioma |
|
||||||||||||||
Prerrequisitos | |||||||||||||||
Departamento | Enxeñaría Industrial 2 |
||||||||||||||
Coordinación |
|
Correo electrónico |
|
||||||||||||
Profesorado |
|
Correo electrónico |
|
||||||||||||
Web | |||||||||||||||
Descrición xeral |
Esta materia ten por obxectivo estudar o debuxo necesario no contexto industrial. Hai outros contextos con requirimentos diferentes: Arquitectura, Enxeñaría Civil, etc. Senembarg ou, a industria dedícase ao deseño e fabricación de produtos: • Deseño (orientado ao PRODUTO): é preciso plasmar as ideas sobre novos produtos ou as modificacións dos existentes de forma gráfica (deseño conceptual), para podelas comunicar e discutir cos demais implicados. Posteriormente, débense concretar esas ideas (deseño de detalle) para realizar as análises e probas experimentais que aseguren a validez do produto. • Fabricación (centrado no PROCESO): débese xerar a información que permita a fabricación do produto deseñado, para o que é preciso coñecer os procesos de fabricación correspondentes. Existen aplicacións do debuxo a diversas disciplinas da Enxeñaría Industrial: mecánica, electricidade e electrónica, neumática, hidráulica, etc. Nesta materia centrarémonos na enxeñaría mecánica, pola súa maior importancia e complexidade. Por tanto, a materia de debuxo técnico pode considerarse o primeiro paso da carreira na enxeñaría mecánica, e a única a signaturade primeiro curso propiamente ingenieril. Entronca coas demais materias da área: Teoría de Máquinas, Tecnoloxía de Máquinas, Tecnoloxía Mecánica, CAD. -O obxectivo da materia é que o alumno adquira os coñecementos que lle permitan plasmar unha idea gráficamente, así como interpretar os planos xerados por outros, todo iso no contexto da enxeñaría mecánica industrial. Isto implica o coñecemento de: a) As técnicas de representación. b) Os elementos mecánicos: eixos, rodamientose, resortes, engrenaxes, etc. c) Os procesos de fabricación. Outra parte da materia céntrase no coñecemento dun programa de CAD que constitúe unha ferramenta moi útil ao longo da carreira. O oficio do enxeñeiro non é o de delineante pero convén coñecer e manexar unha ferramenta moderna de deseño mecánico |
||||||||||||||
|
|||||||||||||||
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías |