Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2011/12
Asignatura (*) Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo Código 652G02009
Titulación
GRAO EN EDUCACIÓN PRIMARIA
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Sanchez Bello, Ana
Correo electrónico
ana.sanchez.bello@udc.es
Profesorado
Sanchez Bello, Ana
Correo electrónico
ana.sanchez.bello@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de capacidades que permitan ao alumnado configurar un marco integrador e interrelacional da súa práctica no ámbito do sistema educativo, a través da adquisición do coñecemento epistemolóxico da pedagoxía e a didáctica que sustenta a intervención educativa, así como do desenvolvemento de prácticas baseadas na utilización dos recursos didácticos para construír unha intervención informada e comprometida coa optimización do acceso á aprendizaxe en favor da inclusión da diversidade que caracteriza o contexto educativo.

Os principais temas e núcleos de coñecemento que se abordarán están orientados ao estudo e análise da escola, da cultura e da sociedade; do deseño e concreción do proceso de ensino e aprendizaxe; da análise da acción no ensino como unha estrutura de traballo para profesorado e estudantes e da avaliación no proceso de ensino e aprendizaxe.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías