Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
MESTRE: ESPECIALIDADE EN EDUCACIÓN INFANTIL
 Asignaturas
  Bases Psicopedagóxicas da Educación Especial
   Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Capacidade para comprender a complexidade dos procesos educativos en xeral e dos procesos de ensino-aprendizaxe en particular (fins e funcións da educación e do sistema educativo, teorías do desenvolvemento e da aprendizaxe, o contorno cultural e social e o ámbito institucional e organizativo da escola, o deseño e desenvolvemento do currículo, o rol docente...).
A5 Desenvolver estratexias que promovan a aprendizaxe autónoma e cooperativa do alumnado.
A7 Preparar, seleccionar, construír e empregar materiais didácticos, incorporando axeitadamente as TIC.
A16 Ser capaz de potenciar o rendemento académico do alumnado e o seu progreso escolar no marco dunha educación integral.
A20 Coñecer e promover o desenvolvemento cognitivo, social e da personalidade desde o nacemento ata os primeiros anos da escolaridade obrigatoria.
A27 Ser capaz de utilizar o principio de "globalización" para programar actividades e tarefas educativas no ámbito da educación infantil.
A45 Crear e manter liñas de comunicación e coordinación coas familias para incidir máis eficazmente no proceso educativo.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes