Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
MESTRE: ESPECIALIDADE EN AUDICIÓN E LINGUAXE
 Asignaturas
  Desenvolvemento de Habilidades Lingüísticas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Lecturas obrigatorias: Das seguintes lecturas deberase entregar unha síntese ao final do curso. A súa entrega é obrigatoria para a superación da materia. Vila, I. (1998). Atención conjunta y génesis del lenguaje. En M. Peralbo, B.J. Gómez-Durán, R. Santórum y M. García (Coord.) (1998). Desarrollo del lenguaje y cognición. Madrid: Pirámide. Bruner, J. y Watson, R. (1995). El habla del niño: a prendiendo a usar el lenguaje. Barcelona: Paidós
Obradoiro Prácticas na aula: Perante o curso os estudantes deberán aprender a realizar transcripcións de corpus lingüísticos infantís obtidos en situacións de xogo espontáneo, e a realizar posteriormentelos análisis que revelen o nivel de desenvolvemento lingüístico que teñen acadado, incluidas as distorsións articulatorias que se podan identificar, Deberán tamén aprender a identificar os elementos comunicativos presentes en situacións de interacción adulto-neno/a e a valorar o seu impacto sobre o desenvolvemento da linguaxe.
Proba obxectiva A avaliación da materia realizarase mediante dous exames parciais e un examen final. Nenbargantes, a superación do curso implica a entrega do traballo práctico antes mencionado e das sínteses das lecturas obrigatorias e resúmenes.
Saídas de campo Os estudantes, en grupos de 5 ou 6 persoas, asistirán co profesor a unha práctica nunha escola infantil con nenos de 2-3 anos. O obxectivo da práctica é simular a situación de contacto inicial cun suposto paciente. No trascurso da práctica os estudantes deberán contactar cun neno/a, identifica-lo seu nome e idade, léxico que produce, tipo de sintaxe e posibles distorsións articulatorias. Posteriormente cada estudante presentará o seu caso e informará das estratexias seguidas para conquerir e manter a atención e cooperación do neno/a.
Sesión maxistral O profesor presentará aos estudantes un resumo esquematizado do contido central dos temas do programa. No caso das prácticas explicará en qué consisten as técnicas e procedementos que o estudante terá que seguir nos traballos prácticos tutelados.
Traballos tutelados Ao longo do curso realizaranse prácticas obrigatorias sobre o desenvolvemento da linguaxe a nivel fonolóxico, léxico-semántico e morfosintáctico. Poderán realizarse en grupos de dúas persoas e implican a observacion dos citados aspectos do desenvolvemento lingüístico nun ou varios nenos, da mesma ou diferente idade, en función da metodoloxía seleccionada. Os estudantes deberán entregar un informe final que incluirá: 1. Características do desenvolvemento da linguaxe na etapa estudiada. 2.- Datos sobre o neno/a observado 3.- Transcripción da mostra registrada ou descrición das probas utilizadas 4.- Datos obtenidos a través dos análisis 5.- Conclusións que se derivan dos datos 6.- Valoración e crítica do traballo realizado
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes