Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
MESTRADO UNIVERSITARIO EN INNOVACIÓN, ORIENTACIÓN E AVALIACIÓN EDUCATIVA
 Asignaturas
  Problemas sociais, xustiza xuvenil e educación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Estudo intensivo dos contidos presentados no temario, favorecendo a participación e discusión argumentada de todo o grupo, así como a elaboración de documentos e conclusións individuais.
Actividades iniciais Actividade que ten unha dobre finalidade. Por unha banda coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o estudantado para asegurar o logro dos obxectivos que se queren alcanzar e, por outra, expricar o programa previsto axustandoo, na medida do posible, ás necesidades do grupo.
Proba de ensaio Proba final na que se solicita a elaboración por escrito dun documento en relación ó traballado, valorando a capacidade de razoamento, argumentación, relación, crítica, de síntese, e creatividade do estudantado; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento no ámbito de menores en desprotección e conflicto social.
Portafolios do alumno Contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado durante todo o curso como: apuntes ou notas do seminario, das visitas ou eventos, o estudo de casos, así como a análise de fontes documentais e a proba de ensaio, xunto cos comentarios feitos pola profesora.
Análise de fontes documentais Utilización de documentos audiovisuais e bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) que son relevantes para afondar sobre da relación entre a política educativa e a da xustiza de menores
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes