0 MESTRADO UNIVERSITARIO EN PROFESORADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA: MÓDULO XENÉRICO, INNOVACIÓN DOCENTE E INICIACIÓN Á INVESTIGACIÓN EDUCATIVA
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
4.5
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Mendez Garcia, Rosa Maria
Correo electrónico
rosa.mendez@udc.es
Profesorado
Mendez Garcia, Rosa Maria
Correo electrónico
rosa.mendez@udc.es
Web
Descrición xeral
Esta materia pretende o desenvolvemento de capacidades que permitan ao alumnado configurar un marco integrador e interrelacional da súa práctica no ámbito do sistema educativo.
Didáctica, currículo e organización escolar facilita a adquisición de coñecementos epistemolóxicos da pedagoxía, da didáctica e da organización escolar, así como o desenvolvemento de habilidades e destrezas dacordo cunha intervención informada e comprometida coa atención á diversidade no marco da educación secundaria.
Os principais temas e núcleos de coñecemento que se abordarán están orientados ao estudo da escola como organización, á reflexión sobre o concepto de currículo, e á análise do proceso de ensino-aprendizaxe desde a súa planificación, desenvolvemento e avaliación.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías