Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
5 MESTRADO UNIVERSITARIO EN PROFESORADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA: FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL
 Asignaturas
  Inserción e orientación laboral
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais As actividades de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de dous libros de texto (actividade grupal)
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista (actividade grupal)
c) Análise de documentos que permiten profundizar nalgún dos contidos da materia e da que hase dar conta no portafolios (actividade individual)
d)Análise dos sesgos sexistas nun libro de texto das materias da especialidade (actividade grupal)
As actividades grupais deste apartado desénvolvense no marco da aprendizaxe colaborativa
20
Portafolios do alumno Consiste nun informe no que o alumnado descrebe o proceso de aprendizaxe e as aprendizaxes adquiridas, a súa aplicación no TFM e no período de prácticas e a relación co resto das materias do mestrado. 35
Estudo de casos
a) Deseño de actividades que inclúan a perspectiva de xénero. O alumnado destinatario está a cursar un Programa de Cualificación Profesional Inicial.

b) Deseño de actividades que incorporen os distintos ámbitos de utilización de Internet para un grupo que está a cursar un Ciclo Formativo. .
As dúas actividdes de estudo de caso son grupais e inscríbense nas características da aprendizaxe colaborativa.
25
Proba mixta Preguntas curtas nas que se valoran as capacidades de análise, reflexión e relación.
20
 
Observacións avaliación

A cualificación final 

será o resultado  das puntuación obtidas nas tres   actividades de avaliación:

  • Cartafol individual (4 puntos)
  • Actividades grupais (4 puntos)
  • Proba mixta (2 puntos)
Para superar a materia cómpre sacar a metade da cualificación que se asigna a cada unha das tres actividades.

O portafolios do alumnado é unha actividade individual e ha de   conter os seguintes apartados:
  • Aprendizaxes adquiridas (que sabía /que aprendín, pódese utilizar como  criterio os obxectivos de  cada tema, incorporar  as aprendizaxes conseguidas  na realización das actividades grupais)
  • Reflexión sobre o proceso de aprendizaxe  (forma de afrontar o estudo, dúbidas, dificultades e superación das mesmas, cuestións nas que profundizar.....
  • Relación/vinculación coas materias do módulo xenérico e especialmente coas materias do itinerario de FOL.
  • Aplicación na elaboración do TFM
  • Listaxe de cuestións  relacionada cos contidos da matería que terás que observar e analizar durante as prácticas
  • Elaboración dun mapa conceptual dos contidos da materia
Ó rematar a materia e na data que se fixe, cada grupo presentará  un dossier no que se  inclúan todas as actividades realizadas. Tamén hai que incorporar unha descrición e reflexión sobre o funcionamento do grupo (distribución de tarefas, número de reunións grupais realizadas e obxectivos das mesmas, cambios introducidos e que se deberíand e ter feito para o seu mellor funcionamento). 

Na avaliacion do programa e da docencia van se utilizar os seguintes medios:

- Observacións e reflexións da profesora sobre o desenvolvemento do programa
- A valoración do alumnado recollida en distintas sesións.
- Cuestionario final.


 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes