Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
5 MESTRADO UNIVERSITARIO EN PROFESORADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA: FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL
 Asignaturas
  Inserción e orientación laboral
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
O profesorado da especialidade de FOL asume funcións  do ámbito da orientación profesional.  Algúns dos contidos dos módulos e das áreas da súa competencia docente, xunto coas funcións que a normativa lle atribúe, como membro do departamento de orientación dos IES e dos departametos de  orientación e información dos centros integrados de formación profesional, remarcan  a necesaria especialización do profesorado de FOL no campo da orientación profesional. 

Por outra parte, a heteroxoneidade na formación inicial do alumnado que cursa a especialidade de FOL que, fóra dalgunha excepción, non ten cursado materias relacionadas coa OP, unida á necesidade de formación específica neste campo  xustifican a incorporación da materia de Orientación e Inserción Laboral  no  itinerario de Formación e Orientación Laboral. 

A materia de Orientación e inserción laboral quere significarse nas dimensións profesionalizadora e orientadora. Como profesionalizadora,  a finalidade pretendida é  a adquisición das competencias que lle permitan comprender o alcance da orientación profesional e o exercicio satisfactorio das funcións orientadoras propias da especialidade. A dimensión orientadora asume o coñecemento dos cometidos de orientación profesional propios do profesorado da especialdiade de FOL.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes