Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
LICENCIADO EN PSICOPEDAGOXÍA
 Asignaturas
  Métodos e Técnicas da Avaliación de Centros
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta A proba de avaliación recolle preguntas abertas cortas de desenvolvemento e ademais de preguntas obxectivas de resposta múltiple
Sesión maxistral Se combinará la clase magistral con el trabajo personal del alumno. Las clases se desarrollarán por un período de 90 minutos. Se dispondrá de 30 minutos para consultar dudas sobre la realización de los trabajos señalados en el partado de evaluación.
En clase se trabajará con los documentos de powerpoint del apartado referido cada unidad de compentencias.
Portafolios do alumno alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Aprendizaxe colaborativa organización da clase en pequenos (3 máximo) grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para desenvolver unha carta de servizos.
Mapa conceptual Técnica de traballo individual que consiste en establecer relacións entre os conceptos clave duns contidos que se fixará na clase. Son representacións de relacións entre conceptos. Están formados por conceptos e palabras de enlace formando frases. Teñen unha orde que depende das relacións e que vai en grao sumo do importante e xeral aos exemplos e detalles.
Resumo Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados referidos a documentos que se fixarán na aula. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
As titorias serán dous o longo do curso académico e serán obligatorias.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes