Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
GRAO EN EDUCACIÓN INFANTIL
 Asignaturas
  Valores e educación para a igualdade
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais Basease na utilización de documentos e fontes relevantes para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia. 10
Traballos tutelados Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación. Esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo, que se complementará cun seguimento titorial individualizado. 30
Lecturas Establécense unha serie de lecturas obrigatorias dun conxunto de textos e documentación relacionadas coa materia que o alumnado terá que ler, discutir en grupo e finalmente recensionar de xeito persoal axustándose a un formato coñecido previamente consensuado. 15
Recensión bilbiográfica Proceso de lectura crítica dun libro, artículo ou calquera outro documento escrito. Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza. 15
Portafolios do alumno Recolle apuntes persoais, traballos de investigación, guías de traballo, resúmenes, comentarios... do alumno. 20
Presentación oral Exposicións de traballos realizados, inidividuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada. 10
 
Observacións avaliación

-A asistencia as sesións de clase é imprescindible e será obxecto de avaliación e control.

-É obrigatorio pasar pola titoría mentres se estea no proceso de elaboración dos traballos tutelados.

-Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada de inmediato para a súa oportuna e axeitada consideración e mesmo para tomar as medidas a que houbera lugar en cada caso.

-A avaliación desenvolverase en torno a dous bloques de traballo con idéntica valoración na nota final, é dicir, o 50% da cualificación. Por unha parte están os traballos de grupo que terán, como xa anticipamos, un peso do 50% no nota final. Neste apartado consideraranse os trabalos tutelados (30%), a presentación oral (10%) e a análise de fontes documentais (10%). Esta última metodoloxía será obxecto de seguimento e control nas sesións interactivas. O outro 50% da nota asignarase aos traballos que de forma individual cada alumno ten a obriga de realizar. Neste apartado ademais das lecturas (15%) e a recensión bibliográfica (15%) que se terán que comentar ou recensionar segundo os casos de maneira individual, contémplase tamén a elaboración do portafolios do alumno (20%) onde deberá recoller e comentar de maneira precisa os apuntes persoais, a evolución dos traballos en grupo, as guías de traballo xunto cunha crítica ou comentario persoal. Para poder ser avaliado, en cada un dos apartados (T. de Grupo e T. Individual)é necesario acadar unha puntuación mínima de 2.5 puntos en cada un deles. En caso de non ser así o alumno ou alumna será cualificado como suspenso.

-Para aqueles alumnos/as que como casos excepcionais non poidan asistir ás sesións de clase, ademais dos traballos que en cada caso particular se especifiquen, establecerase unha proba de ensaio con carácter obrigatorio o final do cuatrimestre na data sinalada oficialmente. Esta proba terá un valor do 50% do total da nota final.

-Os alumnos repetidores da materia obrigatoriamente deberán poñerse en contacto co profesorado que lles indicará, segundo os casos, a relación de traballos que terán que realizar de maneira individual. En calquera caso, establecerase unha proba de ensaio con carácter obrigatorio para todos eles o final do cuatrimestre, na data sinalada oficialmente, e que suporá o 50% da nota final. O outro 50% corresponderá ós traballos que en cada caso sexan asignados expresamente ao alumno .
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes