1ª CONVOCATORIA.
Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas
modalidades de seguir a materia de “Atención Temperá” que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade
A: Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final
• Modalidade A:
Avaliación Continua.
Nesta modalidade levarase a cabo unha avaliación de tipo procesual
consistente na realización dunha serie de actividades e prácticas dos contidos da materia realizadas en grupo co seguimento periódico das mesmas. Por
tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das
horas presenciais, é dicir, só se poderá faltar un máximo de 4 módulos
no cuadrimestre, en caso contrario deberase optar pola modalidade B),
sendo imprescindíbel ademais a participación activa e
continuada por parte do alumnado no grupo de traballo na aula (no caso
de non ser así contabilizarase como unha ausencia). Esta avaliación
levarase a cabo a partir de:
a) as achegas do grupo de
estudantes que serán presentadas nun dossier ou carpeta de traballo
que incluirá as actividades-prácticas do grupo. Para superar
satisfactoriamente a materia será necesario realizar todas as
actividades e prácticas propostas e participar no
traballo non presencial como mínimo nun 85% das horas realizadas. Isto
suporá como máximo un 80% da cualificación.
b) as probas mixtas individuais sobre os contidos
teórico-prácticos da materia. Isto representa como máximo un 20% da
cualificación.
• Modalidade B: Avaliación Final.
Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais, a
nota final virá determinada por unha proba final escrita dos contidos teórico-prácticos da materia. A data para esta
proba será a fixada polo Centro.
OUTRAS CONVOCATORIAS:
Nas restantes convocatorios seguirase a Modalidade B anterior, isto é
proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso académico correspondente.