Teranse en conta dúas opcións en función da asistencia e participación do alumnado nas clases presenciais.
Opción A. ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (> 85%):
Coñecementos prácticos: Nas clases interactivas realizaranse as tarefas antes mencionadas en pequeno grupo e individualmente, constituíndo o 60% da nota final. O alumnado terá que asistir ás clases interactivas para poder facer estas prácticas, e entregalas dentro dos prazos establecidos.
Coñecementos teóricos: Mediante a Proba de resposta múltiple avaliaranse os coñecementos teóricos, que constitúen o 40 % da nota final. Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado o correspondente porcentaxe para a obtención da nota final.
A cualificación final será a suma da cualificación dos coñecementos teóricos e dos prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das dúas partes (práctica e teórica) se obteña o 50% da puntuación posible.
Opción B. ALUMNADO QUE NON ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (< 85%)
Coñecementos prácticos: Como non pode asistir as clases interactivas terá que realizar as tarefas individualmente dentro dos prazos establecidos. Estas prácticas constitúen o 33,33 % da nota final.
Coñecementos teóricos: O alumno terá que facer dúas probas ou exames para avaliar os coñecementos teóricos. Mediante a Proba de resposta múltiple, antes comentada, obterá o 33,33 % da nota final. E mediante unha Proba de resposta breve de 10 preguntas obterá o restante 33,33 % Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado o correspondente porcentaxe para a obtención da nota final.
A cualificación final será a suma da cualificación dos coñecementos teóricos e dos prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das tres partes se obteña o 50% da puntuación posible.
NOTAS. 1. No caso de ter aprobada só unha das partes (teoría ou práctica), esta manterase aprobada noutras convocatorias (máximo 4 cursos académicos, mentres os responsables da materia sexa Juan Carlos Brenlla Blanco). 2. A cualificación de NP darase a aquel alumnado que non participa de ningunha das metodoloxías de avaliación descritas.