Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
GRAO EN EDUCACIÓN PRIMARIA
 Asignaturas
  Educación inclusiva e multicultural
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte da docente, e con apoio de recursos audiovisuais, de contidos relacionados co temario da materia.
Análise de fontes documentais Lectura e análise da documentación seleccionada como obrigatoria para traballar a materia.
Aprendizaxe colaborativa Consistirá en dinámicas de grupos variadas, que se empregarán nos debates, na análise das fontes realizada en grupo, nos traballos tutelados e na presentación oral.
Estudo de casos Metodoloxía na que o suxeito é confrontado coa descrición dunha situación específica cun problema a ser entendida, valorada e determinada por un grupo de persoas a través dun proceso de discusión. O alumnado está perante un problema concreto que describe unha situación real de traballo, e debe ser capaz de analizar unha serie de eventos relativa a un determinado campo de coñecemento ou acción para acadar unha decisión fundamentada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Discusión dirixida Na clase debatirase sobre varios contidos estudiados e analizados, tomando como referencia diferentes tipos de fontes documentais.
Foro virtual Posíbel utilización de distintas modalidades de comunicación virtual (Moodle, wikis, redes sociais, Internet, gravacións audiovisuais, etc.) para facilitar o traballo colaborativo, o debate e os procesos de deliberación en xeral.
Xogo de rol (role playing) Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeies dentro de situacións conflictivas nas que intervieñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersonais, o comportamento, os valores e as atitudes.
Presentación oral Exposición grupal dun guión do traballo de investigación, que terá lugar durante a semana anterior ao período festivo de Decembro-Xaneiro.
Investigación (Proxecto de investigación) Realización en pequeno grupo dun traballo escrito, seguindo as orientacións dadas na aula e presentación oral do guión do mesmo. Prazo provisional: entrégase o día do exame final.
Proba mixta A proba mixta consistirá nun exame, sen material, composto por preguntas de resposta breve e preguntas de desenvolvemento. Pode requirirse, ademais, a realización dun esquema ou mapa conceptual.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes