Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
GRAO EN EDUCACIÓN PRIMARIA
 Asignaturas
  Educación inclusiva e multicultural
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) -------------------------------------------------
O traballo de investigación grupal terá como prazo de entrega o día do exame final (data provisional).

Para avaliar o traballo escrito teranse en conta os aspectos a seguir:

• Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva, e corrección gramatical (30%).

• Contido: comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre, relacións entre eles (capacidade analítica), creatividade e innovación nas propostas, calidade da participación na preparación desta actividade, e grao de fundamentación das fontes (referencias bibliográficas e bibliografía final) (70%).
-------------------------------------------------
30
Presentación oral -------------------------------------------------
Na presentación participarán todos os membros do grupo.
Todas as presentacións terán lugar durante a semana anterior ao período festivo de Decembro-Xaneiro.

Valoraranse os aspectos a seguir:

• Calidade da participación na preparación desta actividade.
• Relevancia e organización dos contidos expostos.
• Coordenación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
• Nivel de comprensión dos contidos básicos.
• Capacidade analítica e de síntese.
• Claridade expositiva.
• Creatividade e innovación nas propostas.
--------------------------------------------------

20
Proba mixta -------------------------------------------------
Na proba mixta especificarase o peso de cada pregunta.

Nas preguntas de resposta breve teranse en conta a pertinencia e precisión da resposta, a claridade conceptual e a corrección gramatical.

Nas preguntas de desenvolvemento teranse en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva, e a corrección gramatical.
-------------------------------------------------
50
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia será necesario acadar,
como mínimo, unha puntuación de 4 (de 10) en cada unha das actividades
avaliadas: presentación do guión do traballo de investigación, traballo final e exame final.

As porcentaxes especificadas en riba aplícanse
ao alumnado asistente, que é aquel que asiste a clase nun 80% do horario. O
alumnado non-asistente terá que poñerse en contacto coa profesora, e para
superar a materia realizará o exame final, que se ponderará en función do grao
de participación nas demais actividades da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes