Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
GRAO EN LOGOPEDIA
 Asignaturas
  Bases didácticas da intervención logopédica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve Esta proba consistirá en que o alumnado expoña as súas reflexións sobre aspectos concretos da materia.
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introducción de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaje e a construcción do coñecemento adquirindo progresivamente autonomía na toma de decisións sobre a propia aprendizaxe.

Realizarase unha exposición xeral introductoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu trabajo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas e experimentais.
Análise de fontes documentais As fontes documentais serán a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se abordarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. Empregaranse documentos audiovisuaiss e bibliográficas relevantes sobre a materia con actividades específicas deseñadas para a análise dos mesmos.
Discusión dirixida Mediante esta dinámica abordaranse diversas temáticas orientadas a que o alumnado reflexione sobre a importancia da inclusión da diversidade, atendendo aos múltiples factores que inciden no desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construcción dunha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade educativa.
Estudo de casos As actividades de estudo de caso versarán sobre a presentación de situacións centradas no ámbito educativo para a súa análise dende a óptica da intervención dos profesionais da logopedia de maneira integrada cos demais profesionais que realizan o seu labor no contexto educativo.
Traballos tutelados En torno aos diferentes temas propoñerase a realización de pequenos traballos de grupo que se iniciarán na aula e que logo deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora aos diferentes grupos. Para a realización destes traballos tomaranse cómo referencia tanto os materiales básicos da materia así como otros complementarios. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos. Con esta modalidade de traballo, tamén pretendemos aproximarnos aos ámbitos de interese do alumnado.
Aprendizaxe colaborativa Tendo en conta que nos atopamos na facultade de CC. da Educación con esta dinámica preténdese que o alumnado de logopedia poida realizar un breve traballo conxunto co alumnado das especialidades de EI e/ou de EP e ou AL. En pequenos grupos tratarán de identificar cales serán as súas funcións, contribucións ao traballo que se poida realizar dentro e fóra da escola co alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Mesa redonda Un dos aspectos fundamentais da materia e fomentar no alumando o achegamento ao ámbito e aos profesionais que traballan co neno/a que presenta dificultades no seu desenvolvemento persoal. Por eso o alumnado participará na reflexión cos profesionais, familias e persoas que precisan/ron apoio especializado. Para elo realizarase unha dinámica de debate, elección e búsqueda de persoas que nos expoñan as súas reflexións sobre o traballo co alumnado con necesidades específicas de apoio ordinario, dentro e fóra da escola. O propio alumando unicersitario, terá que colaborar na organización da actividade e no seu desenvolvemento, a través da participación no debate.
Portafolios do alumno O porfatolios vai ser un instrumento clave para o alumnado durante toda a materia. Sobre todo preténdese que a partir da recolleita da información, reflexione e enriqueza os contidos que lle achega a materia, tratando deste xeito de irse aproximando aos seus propios intereses como futuro profesional da logopedia, sen perder a perspectiva de que o seu traballo debe formar parte do desenvolto por equipos interdisciplinares, que traballan dentro e fóra da aula.
Solución de problemas Aproveitando as fontes documentais, os estudos de caso e outras experiencias, procuraremos que o alumnado aumente os seus coñecementos e desenvolva as súa creatividade. Tendo en conta que os resultados da intervención no eido educativo son variables e están condicionadas por distintas cuestións e circunstancias, as solucións a un mesmo problema poden ser moi diferentes. Partindo desta idea, achegarémonos a distintas posibilidades de abordar unha proposta de intervención concreta, tratando de identificar os elementos que converxen en cada caso, así como os modelos de intervención.
Xogo de rol (role playing) En relación coa actividade de aprendiaxe cooperativa e a mesa redonda, realizarase na aula un xogo de rol onde o alumnado terá que asumir diferentes roles, amosando actitudes, accións e reflexións que poidan adoptar os distintos axentes que participan no proceso educativo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes