Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | A A |  
GRAO EN ENXEÑARÍA DE EDIFICACIÓN
 Asignaturas
  Dereito Privado da Edificación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve Consistirá na resolución de cuestionarios que incidirán nos conceptos básicos da materia. Neste sentido se presentarán diversos enunciados en forma de pregunta e os alumnos deberán respostar cunha frase específica ou un concepto xurídico determinado.
Sesión maxistral Consistirá na exposición por parte do profesor dos aspectos fundamentais dos temas que conforman o programa da asignatura.
Estudo de casos Trátase de que os alumnos apliquen os coñecementos teóricos mediante o estudio e resolución de casos que xa foron resoltos polos Tribunais ou que ben son susceptibles de plantearse na práctica xurídica.
Análise de fontes documentais Consistirá no manexo de textos legais, xurisprudencias e doutrinais para a súa comprensión a fin de que os alumnos poidan desenvolver esta competencia no seu futuro profesional.
Proba de asociación A través desta proba se pretende que os alumnos poñan en relación de xeito sistemático os conceptos e clasificacións adquiridas. Consistirá na presentación de unha serie de elementos en dúas columnas paralelas en donde cada palabra, símbolo ou frase dunha columna debe asociarse cun dos elementos da outra columna.
Proba de completar Por medio desta proba se pretende potenciar o razonamento deductivo dos estudantes. A tal fin presentaráse un enunciado que debe ser completado cunha frase específica ou cun concepto xurídico determinado.
Proba de ensaio Tratáse de que os alumnos desenvolvan un tema no que se presentan datos que permiten sustentar un determinado punto de vista. Mediante a realización desta proba se pretende potenciar a expresión e organización de ideas dos alumnos.
Proba obxectiva Os alumnos deberán examinarse dos contidos que conforman a materia do curso. Con independencia da modalidade de exame que se poña en práctica o alumno deberá respostar ás preguntas teóricas e prácticas que se lle formulen.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes