Guía DocenteCurso Escola Universitaria de Arquitectura Técnica |
GRAO EN ENXEÑARÍA DE EDIFICACIÓN |
Asignaturas |
Seguridade e prevención |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2011/12 | |||||||||||||
Asignatura | Seguridade e prevención | Código | 670G01031 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Aprendizaxe colaborativa | Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Estudo de casos | Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo |
Presentación oral | Presentación e breve explicación dos obxetivos do curso. |
Proba obxectiva | Trátase do examen final da asignatura. Proporase a realización dunha serie de exercicios, similares a os propostos nos boletíns de problemas. Tamén se podrán realizar cuestións curtas de índole teórica para avaliar a comprensión dos conceptos da asignatura |
Sesión maxistral | Nas leccións maxistrais o profesor presentará os contidos teóricos da asignatura, axudándose de exemplos ilustrativos co fin de motivar ós alumnos e de axudar á comprensión e asimilación dos contidos. O profesor apoiarase en presentacións dinámicas . |
|