MESTRE: ESPECIALIDADE EN EDUCACIÓN INFANTIL |
Asignaturas |
Coñecemento do Medio Histórico de Galicia |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2011/12 | |||||||||||||
Asignatura | Coñecemento do Medio Histórico de Galicia | Código | 652111334 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
1º e 2º Ciclo | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Cada bloque temático iniciarase con debates de ideas previas que poñen en relación o seu contido cos contidos traballados nas asignaturas de segundo e terceiro cursos: Didactica das Ciencias Sociais I e II. |
Análise de fontes documentais | Ao longo de desenvolvemento da materia os estudiantes terán a ocasión de coñecer e manexar moi diversas fontes para obter a información precisa para coñecer o medio xeográfico e histórico de Galicia. Mapas, monografías científicas, documentación privada e pública, información oral, manexo de fontes materiais, arquivos, páxinas web, son exemplos relevantes. |
Discusión dirixida | Esta metodoloxía é fundamental para poñer en común os contidos recollidos nas fontes. Guía o traballo previo e concreta as conclusións e as aportacións dos grupos de traballo. |
Saídas de campo | Estas actividades permiten desenvolver as capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática cara a recollida de información do medio xeográfico e histórico galego. Preséntase como a metodoloxía que máis incidencia ten nesta asignatura xa que por unha banda permite desenvolver as indagacións no medio e por outra resulta un dos mellores recursos para traballar o Coñecemento de medio de Galicia no ensino primario. |
Presentación oral | Despois de elaborar os traballos sobre o medio histórico e xeográfico de Galicia, chega o momento de facelos públicos mediate exposicións orais empregando diferentes soportes materiais e audiovisuais. |
|