Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Coñecer os fundamentos psicolóxicos, lingüísticos e sociais das diferentes capacidades comunicativo-lingüísticas. |
A2 |
Ser capaz de analizar os distintos contextos de escolarización para poder ofrecer diferentes respostas en función das distintas condicións persoais. |
A4 |
Ser capaz de realizar unha avaliación precisa dos niveis de competencia persoal do alumnado naqueles ámbitos do seu desenvolvemento psicosocial que poidan estar na orixe das súas dificultades comunicativo lingüísticas. |
A5 |
Ser capaz de determinar as necesidades lingüístico-comunicativas dos distintos alumnos ou grupos de alumnos, definindo ámbitos de actuación prioritarios, así como o grao e a duración das intervencións a nivel comunicativo, as axudas e os apoios requiridos para promover a aprendizaxe dos contidos. |
A6 |
Ser capaz de acometer, directa ou en colaboración co resto do profesorado, a planificación, o desenvolvemento e a avaliación dunha resposta educativa de calidade para o alumnado con dificultades comunicativo-lingüísticas. |
A7 |
Coñecer, facilitar e intervir cos distintos sistemas alternativos e aumentativos da comunicación que contribúan a melloraras condicións de aprendizaxe e a calidade da comunicación. |
A10 |
Ser capaz de promover o desenvolvemento e a aprendizaxe ao longo dos períodos da educación infantil e primaria. |
A12 |
Promover, cooperar e colaborar eficaz e activamente cos equipos de apoio do centro e da comunidade, especialmente cos departamentos ou cos equipos de orientación. |
A15 |
Detectar e analizar as posibles barreiras físicas para a aprendizaxe e a participación do alumnado no contorno do centro e nas súas instalacións, así como no seu contexto. |
A16 |
Mostrar unha actitude de valoración e de respecto á diversidade do alumnado, calquera que foren as condicións deste, e promover esa mesma actitude entre aqueles con quen se traballar máis directamente. |
A19 |
Traballar colaboradora e cooperativamente co resto do profesorado, cos servizos psicopedagóxicos e de orientación familiar, e promover a mellor resposta educativa posible para cada caso. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. |
B10 |
Capacidade de análise e de síntese. |
B11 |
Capacidade da procura e do manexo de información. |
B14 |
Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe ao longo da vida. |
B17 |
Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |