Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
MESTRE: ESPECIALIDADE EN AUDICIÓN E LINGUAXE
 Asignaturas
  Bases Psicopedagóxicas da Educación Especial
   Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer os fundamentos psicolóxicos, lingüísticos e sociais das diferentes capacidades comunicativo-lingüísticas.
A2 Ser capaz de analizar os distintos contextos de escolarización para poder ofrecer diferentes respostas en función das distintas condicións persoais.
A4 Ser capaz de realizar unha avaliación precisa dos niveis de competencia persoal do alumnado naqueles ámbitos do seu desenvolvemento psicosocial que poidan estar na orixe das súas dificultades comunicativo lingüísticas.
A5 Ser capaz de determinar as necesidades lingüístico-comunicativas dos distintos alumnos ou grupos de alumnos, definindo ámbitos de actuación prioritarios, así como o grao e a duración das intervencións a nivel comunicativo, as axudas e os apoios requiridos para promover a aprendizaxe dos contidos.
A6 Ser capaz de acometer, directa ou en colaboración co resto do profesorado, a planificación, o desenvolvemento e a avaliación dunha resposta educativa de calidade para o alumnado con dificultades comunicativo-lingüísticas.
A7 Coñecer, facilitar e intervir cos distintos sistemas alternativos e aumentativos da comunicación que contribúan a melloraras condicións de aprendizaxe e a calidade da comunicación.
A10 Ser capaz de promover o desenvolvemento e a aprendizaxe ao longo dos períodos da educación infantil e primaria.
A12 Promover, cooperar e colaborar eficaz e activamente cos equipos de apoio do centro e da comunidade, especialmente cos departamentos ou cos equipos de orientación.
A15 Detectar e analizar as posibles barreiras físicas para a aprendizaxe e a participación do alumnado no contorno do centro e nas súas instalacións, así como no seu contexto.
A16 Mostrar unha actitude de valoración e de respecto á diversidade do alumnado, calquera que foren as condicións deste, e promover esa mesma actitude entre aqueles con quen se traballar máis directamente.
A19 Traballar colaboradora e cooperativamente co resto do profesorado, cos servizos psicopedagóxicos e de orientación familiar, e promover a mellor resposta educativa posible para cada caso.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B10 Capacidade de análise e de síntese.
B11 Capacidade da procura e do manexo de información.
B14 Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe ao longo da vida.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes