Actividades iniciais |
Actividade que ten unha dobre finalidade. Por unha banda coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o estudantado para asegurar o logro dos obxectivos que se queren alcanzar e, por outra, expricar o programa previsto axustandoo, na medida do posible, ás necesidades do grupo. |
10 |
Proba de ensaio |
Proba final na que se solicita a elaboración por escrito dun documento en relación ó traballado, valorando a capacidade de razoamento, argumentación, relación, crítica, de síntese, e creatividade do estudantado; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. |
20 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento no ámbito de menores en desprotección e conflicto social. |
10 |
Análise de fontes documentais |
Utilización de documentos audiovisuais e bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) que son relevantes para afondar sobre da relación entre a política educativa e a da xustiza de menores |
10 |