Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
LICENCIADO EN PSICOPEDAGOXÍA
 Asignaturas
  Administración e Supervisión de Centros
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Portafolios do alumno O portafolios do alumno enténdese como un instrumento destinado a fomentar a reflexión e a construcción do coñecemeto. Irase proporcionando unha serie de materiais (referencias bibliográficas, experiencias desenvoltas en centros, etc.) que, xunto coa valoración crítica dos estudos de casos realizados durante o curso, serviranlle ao alumno/a para elaborar o seu propio discurso sobre a administración e supervisión de centros educativos.
Estudo de casos As actividades de estudo de casos versarán sobre a presentación de situacións, reais ou verosímiles, centradas no ámbito educativo para a súa análise crítica, desde a óptica da administración e supervisión de centros.
Análise de fontes documentais As fontes documentais serán a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se abordarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. Utilizaranse documentos audiovisuais e bibliográficas relevantes sobre a materia con actividades específicas deseñadas para a análise dos mesmos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes