Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
GRAO EN EDUCACIÓN INFANTIL
 Asignaturas
  Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6 anos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levarán a cabo antes de iniciar o proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar. Presentación da materia.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de introducir e presentar os coñecementos de cada tema e facilitar a súa aprendizaxe.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de actividades e prácticas relativas a cada tema asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela da profesora en escenarios diferentes ao da aula. Trátase de identificar, analizar e estudar algunhas das características psicoevolutivas do alumnado de infantil a través da observación, de autoinformes e de estudos clínicos.
Estudo de casos Metodoloxía na que terán que elaborar informes psicoevolutivos, a partir da observación participativa ou da aplicación de probas, de alumnado de educación infantil. Todo isto farase a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica na que terán que utilizar material bibliográfico relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Emprégase como introdución xeral á materia, no estudo de casos ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de recordo libre e de recoñecemento sobre os contidos teórico-prácticos de cada un dos temas.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado de forma colaborativa nun período de tempo. O portafolios ou carpeta inclúe todas as actividades e prácticas relativas a cada tema.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes