Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
GRAO EN EDUCACIÓN INFANTIL
 Asignaturas
  Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6 anos
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa Traballo en grupos de catro persoas que consiste na realización de actividades a facer na aula e fóra dela para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. 0
Traballos tutelados Trátase de identificar, analizar e estudar algunhas das características psicoevolutivas dunha pequena mostra de alumnado de infantil e elaborar informes/artigos en base aos datos obtidos. Estes traballos faranse en grupos de catro persoas. 0
Estudo de casos Traballo en grupos para elaborar informes de casos psicoevolutivos, a partir da observación participativa ou da aplicación de probas a alumnado de 0-6 anos. 0
Análise de fontes documentais Busca de fontes documentais para descubrir os contidos propios e específicos da disciplina e o currículo da educación infantil. 0
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador de cada grupo de traballo, ordenado por temas, que contén as actividades e prácticas de aprendizaxe realizadas polo alumnado da materia.
Este portafolios que integra as metodoloxías de aprendizaxe cooperativo, traballos tutelados, estudo de casos e análise de fontes documentais será o material que se contemple na avaliación.
80
Proba mixta Esta proba de carácter individual realizarase ao finalizar cada un dos temas da materia, para verificar o grao de adquisición das competencias do saber e saber facer. 20
 
Observacións avaliación

1ª CONVOCATORIA. Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas modalidades de seguir a materia de “Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6 anos” que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A: Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final 



Modalidade A: Avaliación Continua. Nesta modalidade levarase a cabo unha avaliación de tipo procesual consistente na realización dunha serie de actividades e prácticas de cada tema realizadas en grupo co seguimento periódico das mesmas. Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das horas presenciais, é dicir, só se poderá faltar un máximo de 4 módulos no cuadrimestre, en caso contrario deberase optar pola modalidade B), sendo imprescindíbel ademais a participación activa e continuada por parte do alumnado no grupo de traballo na aula (no caso de non ser así contabilizarase como unha ausencia). Esta avaliación levarase a cabo a partir de:


a) as achegas do grupo de estudantes que serán presentadas nun dossier ou carpeta de traballo que incluirá as actividades e prácticas do grupo. Para superar satisfactoriamente a materia será necesario realizar todas as actividades e prácticas propostas para cada tema  e participar no traballo non presencial como mínimo nun 85% das horas traballadas. Isto suporá como máximo un 80% da cualificación (a nota resultante desta carpeta de traballo non terá que ser necesariamente igual para todo o grupo)


b) as probas mixtas individuais sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Isto representa como máximo un 20% da cualificación.



Modalidade B: Avaliación Final. Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais, a nota final virá determinada por unha proba final escrita dos contidos teórico-prácticos da materia. A data para esta proba será a fixada polo Centro.


OUTRAS CONVOCATORIAS Nas restantes convocatorios seguirase a Modalidade B anterior, isto é proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso académico correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes